Adegas Moure

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°33′58.33″N 7°40′36.11″O / 42.5662028, -7.6766972

Adegas Moure

O Cabo do Mundo.
TipoSociedade anónima
Fundación1958
LocalizaciónRúa Buenos Aires, 12 27540 Escairón (O Saviñao)
FundadorJosé Moure López
Persoas claveXosé Manuel Moure
Evaristo Rodríguez
IndustriaAlimentación
ProdutosViño
Augardente
Xenebra
Beneficio3 millóns de euros (2010)[1]
Na rede
https://www.adegasmoure.com/
editar datos en Wikidata ]

Adegas Moure é unha empresa galega produtora de viños e licores con sede en Escairón, na provincia de Lugo.

Historia[editar | editar a fonte]

As orixes da adega son unha abadía mercada pola familia Moure en 1936. Adegas Moure foi fundada en 1958 pola familia Moure en Escairón. Os viñedos da adega baixan polas ladeiras do río Miño, nunha volta coñecida como O Cabo do Mundo. Dende entón a adega gañou 120 premios nacionais e internacionais[2].

En 1982 construíronse unhas novas adegas. Produce na Ribeira Sacra viño Mencía, Albariño e Godello. A adega produce 320.000 botellas de viño e unhas 300.000 de augardente ao ano, tamén produce xenebra.

Marcas da adega[editar | editar a fonte]

  • Abadía da Cova
  • Fuga
  • Moure de Autor
  • ANA London DRY GIN

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Evaristo Rodríguez Socio da adega Abadía dá Cova, do Saviñao
  2. "Premios". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2013. Consultado o 13 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]