Adamita
| Adamita | |
|---|---|
| Fórmula química: | Zn2AsO4OH |
| Clase: | Arseniatos |
| Subclase: | |
| Sistema cristalino: | Ortorrómbico |
| Cor: | Amarelo, verde, raramente branca e ocasionalmente púrpura |
| Brillo: | Diamantino |
| Dureza: | 3,5 |
| Fractura: | Concoidal |
| Exfoliación: | |
| Raia: | De branca a verde clara |
| Densidade: | 4,4 |
A adamita é un mineral constituído por arseniato de zinc de fórmula Zn2AsO4OH. Encóntrase habitualmente en zonas de oxidación ou humidade sobre menas de zinc. Habitualmente é de cor marela, pero tínxese de verde por inclusións de cobre.
A olivenita é un arseniato de cobre isoestrutural coa adamita, e existen casos de substitución entre zinc e cobre que permiten describir un mineral intermedio chamado cuproadamita. A estrutura tamén pode ser substituída por manganeso, cobalto ou níquel, e coñécese un mineral análogo, a tarbutita, constituído por fosfato de zinc.
A adamita recibe o seu nome do xeólogo francés Gilbert Joseph Adam (1795-1881), quen recolleu as primeiras mostras en Chañarcillo, no deserto de Atacama, Chile.
Índice |
[editar] Principais depósitos
- Mina Mapimi, Durango, México.
- Namibia.
- Cabo de Garona, Francia.
- Illas Laurion, Grecia.
- Deserto de Atacama, Chile.
[editar] Aplicacións
A adamita é un mineral sen importancia industrial, pero interesante desde o punto de vista científico e como mineral de colección.