Adamantium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O adamantium é un metal de ficción usado principalmente nos cómics de Marvel, a sustancia máis dura do Universo Marvel. É dunha extraordinaria dureza e consistencia, dez veces maior que a do diamante. O nome, tanto etimolóxica como conceptualmente, está baseado no adamante da mitoloxía grega.

Unha serie de personaxes de Marvel están parcialmente compostos ou usan ferramentas de adamantium:

  • Lobeto ten un esqueleto de adamantium.
  • Algúns dos corpos de Ultron son de adamantium.

Adamantium, ó igual que diamante, provén do grego adamas.