Adam Lonitzer
| Adam Lonitzer | |
|---|---|
| Retrato de Adam Lonicer de 1582 | |
| Nacemento: | 10 de outubro de 1528 Marburg |
| Falecemento: | 29 de maio de 1586 Frankfurt |
| Ocupación: | Botánico prelinneano, profesor, matemático |
| Cónxuxe(s): | Magdalena Egenolff |
Adam Lonicer, Adam Lonitzer ou Adamus Lonicerus, nado o 10 de outubro de 1528 en Marburg e finado o 29 de maio de 1586 en Frankfurt, foi un botánico alemán, notable pola súa revisada versión de 1557 do herbario do famoso Eucharius Rösslin (1470 – 1526).
Fillo dun teólogo e filólogo,[1] estudou en Marburg e na Universidade de Maguncia, sendo alumno de Conrad Gessner, obtendo a súa mestría aos dezaseis anos. Foi nomeado profesor de Matemática na Universidade de Marburg en 1553, doutorándose en Medicina en 1554, converténdose no médico de Frankfurt. Porén, a súa verdadeira paixón foron as herbas e o estudo da botánica. A súa primeira importante obra foi sobre herbas, Kräuterbuch, publicada en 1557, cunha gran parte desta ocupándose da destilación. Lonicer recoñeceu as súas fontes para o libro, acreditando a Jean Ruelle (1474-1537), Valerius Cordus, Pietro Andrea Mattioli, Hieronymus Braunschweig e Conrad Gessner.
Lonicer casou con Magdalena Egenolff, filla do seu editor de Frankfurt, Christian Egenolff; e cando este faleceu en 1555, Lonitzer foi director da firma, publicando logo non menos de catro edicións de Kräuterbuch entre 1557 e 1577.
O xénero Lonicera da familia Caprifoliaceae chámase así na súa honra.[2]
A abreviatura Lonitzer emprégase para indicar Adam Lonitzer como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.[3]
Índice |
Notas [editar]
- ↑ http://books.google.com/books?id=XeqWOkKYn28C&pg=PA138&lpg=PA138&dq=%22adam+lonicer%22&source=web&ots=hdEp0a9vcP&sig=_aqik5k2onJJZ3CCOJJKPTUGcU8
- ↑ Sp. Pl. 1: 173. 1753 [1 de maio 1753] (GCI)
- ↑ Véxase listado de todos os xéneros e especies descritos por este autor en IPNI.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Bibliografía [editar]
- Frank J. Anderson. 1977. An Illustrated history of the herbals. Columbia University Press : xiv + 270 pp.
Ligazóns externas [editar]
- ArteOccidentale
- Bibliotecas da Smithsonian Institution
- «Adam Lonitzer», Índice Internacional de Nomes das Plantas (IPNI), Real Xardín Botánico de Kew, Herbario da Universidade de Harvard e Herbario nacional Australiano (eds.)..