Adam Elsheimer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adam Elsheimer

Adam Elsheimer, bautizado o 18 de marzo de 1578 en Frankfurt am Main e inhumado o 11 de decembro de 1610 en Roma, é, talvez, o máis célebre dos pintores alemáns do século XVII.

Polo seu dominio do claro-escuro e a perfección dos seus cadriños, tivo (xunto con Caravaggio) unha carreira fulgurante, cortada por unha morte precoz en 1610, un papel determinante na elaboración da chamada pintura de historia «moderna», superando ambos o manierismo e anunciando o grande estilo barroco do XVII.

Biografía [editar]

Fillo dun xastre, recibiu a súa formación inicial. entre 1593 e 1598, no taller de Philip Uffenbach en Frankfurt.

Despois de deixar a súa cidade natal, chegou a Venecia, onde traballou con Hans Rottenhammer, aprendendo de el o gusto polas pinturas sobre cobre. Desa época compre destacar un cadriño da Sagrada Familia con anxos de 1599, conservado hoxe en Berlín, que mostran influencias, no uso das cores dos grandes venecianos (Tiziano, Tintoretto e Paolo Veronese).

En 1600 pasou a residir en Roma, converténdose ao catolicismo no 1606. Deste período é a Educación de Baco, agora en Frankfurt, unha paisaxe con figuras mitolóxicas, ligado á concepción manierista da paisaxe da escola holandesa, derivada de Paul Brill.

Nestes mesmos anos interesouse nos contrastes lumínicos que observou nas obras de Caravaggio, e máis nas paisaxes de inspiracións clásicas de Annibale Carracci e do Domenichino, buscando plasmar nas súas obras composicións monumentais, como na paisaxe con Aurora (Herzog-Anton-Ulrich Museum, en Braunschweig). De 1609 data a paisaxe nocturna da Fuga a Exipto" (Alte Pinakothek, Múnic).

O nocturno de Filemón e Baucis (Dresden), con un tema tirado das Metamorfoses de Ovidio, está tratado con un ton intimista que outorga vida a un mundo fabuloso, no que os deuses son a aparición concreta do divino.

Seguidores [editar]

Son sobre todo as alemáns os seu principais seguidores: Johann König e Thomas von Hagelstein, mentres en Roma un dos que formou parte do seu círculo foi o grande Rubens. Rembrandt coñeceu a súa obra através de Hendrik Goudt e o seu mestre Pieter Lastman. No que fai a respeito da pintura paisaxística, Elsheimer preparou o camiño para Claude Lorrain, e os paisaxistas holandeses Cornelis van Poelenburgh, Bartholomeus Breenbergh, Jan e Jacob Pynas.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: