Ada Colau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ada Colau
Immaculada Colau i Ballano

Alcaldesa de Barcelona
Período2015 -
AntecesorXavier Trias
Datos persoais
Nacemento3 de marzo de 1974
 España Barcelona
OrganizaciónBarcelona en Comú
Alma máterUniversidade de Barcelona
ProfesiónActivista
Na rede
https://ajuntament.barcelona.cat/alcaldessa/
IMDB: nm4408455 Facebook: ada.colau Twitter: AdaColau Instagram: adacolauofficial Telegram: adacolau Youtube: UCp5vwMbdAelxaqgCt6ipTgw Dialnet: 3176469 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ada Colau Ballano, nada en Barcelona o 3 de marzo de 1974, é unha activista social e política catalá, alcaldesa da cidade de Barcelona dende o 13 de xuño de 2015.

Foi unha das fundadoras da Plataforma de Afectados por la Hipoteca en Barcelona no 2009 e a súa portavoz ata 2014.[1][2] Foi cabeza de lista nas eleccións municipais de 2015 da coalición electoral Barcelona en Comú, formación que conseguiu ser a máis votada na cidade de Barcelona.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criouse no barrio barcelonés do Guinardó, no seo «dunha familia de clase media durante uns anos, en seguida vida a menos». Filla de pais separados, ten cinco irmáns (tres irmás por parte de súa nai; un irmán e unha irmá por parte de seu pai). Estudou no colexio do barrio, na Academia Febrer e, posteriormente, comezou estudos superiores na Facultade de Filosofía da Universidade de Barcelona, aínda que lle faltan dúas materias para lograr a licenciatura.[4] Segundo o seu testemuño, comezou a súa traxectoria como activista a principios da década dos 90, durante as protestas contra a Guerra do Golfo. Durante o seu período universitario, estudou un curso en Milán cunha bolsa Erasmus.[4] A principios da década do 2000, desenvolveu unha breve carreira televisiva, actuando na serie Dos + una que emitiu Antena 3[5]. Paralelamente estivo vinculada ao movemento okupa[4] e participou en diversas mobilizacións, como a que tivo lugar contra o G-8 nos consulados de Francia e Suíza en Barcelona no ano 2003 para protestar pola situación de Martin Shaw, un activista que resultou ferido durante o cumio do G-8 en Évian-les-Bains (Francia).[6] Colau manifestou que fai «vida de activista» dende 2001.[4] Vinculada tamén co movemento antiglobalización, en 2003 formou parte do movemento Aturem a guerra, que se mobilizou en contra da segunda guerra de Irak.

Traballou como responsable de Vivenda no Observatori DESC (Observatorio de Dereitos Económicos, Sociais e Culturales) de Barcelona.[7] Ten un fillo, nacido en 2011, coa súa parella, o economista e membro da PAH Adrià Alemany.[4]

É coautora do libro Vidas Hipotecadas, publicado orixinalmente en catalán e editado en castelán en xuño de 2012.

Creación da PAH[editar | editar a fonte]

Logo de participar en 2006 no movemento V de Vivenda[8] e no Taller contra la Violencia Inmobiliaria, en 2009 Ada Colau foi unha das organizadoras da Plataforma de Afectados pola Hipoteca en Barcelona,[9] que aglutinou a varios movementos relacionados con esta problemática social, centrándose na débeda hipotecaria e os desafiuzamentos, e reivindicando a dación en pago. A creación, de maneira asemblearia, de distintas plataformas de afectados polas execucións hipotecarias, ante o non pagamento das débedas contraídas polos bancos, estendeuse por toda España. Cando posteriormente os despexes comezaron a se multiplicar, a PAH lanzou, en novembro de 2010, a campaña Stop Desahucios. O Movemento 15M e a plataforma Democracia Real Ya en 2011 axudaron de maneira decisiva a divulgar as reivindicacións das distintas plataformas, ademais de colaborar activamente, moitos dos seus membros na campaña Stop Desahucios.[9][10] Ao largo do 2012, Ada Colau foi adquirindo notoriedade nos medios en España como principal representante e portavoz da PAH.

Iniciativa Lexislativa Popular por unha Vivenda Digna[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2013, Ada Colau foi a encargada de presentar en nome da PAH, do Observatorio de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais e doutros movementos sociais, unha Iniciativa lexislativa popular en España no Congreso dos Deputados, para que se elaborase unha nova lexislación en materia hipotecaria.[11] A ILP, avalada cun 1 402 845 firmas de cidadáns, contiña unha proposición de lei para a regulación de tres aspectos fundamentais: a dación en pago como fórmula preferente para a extinción da débeda contraída co banco por unha vivenda habitual; a moratoria de todos os desafiuzamentos por execución hipotecaria de vivendas habituais e a ampliación do alugamento social das vivendas en mans dos bancos.[12]

O 5 de febreiro de 2013, Ada Colau defendeu persoalmente as propostas contidas na ILP da PAH ante a Comisión de Economía do Congreso.[13] Unha semana despois, a ILP, en virtude do voto unánime dos deputados, era admitida a trámite para o seu estudo e eventual debate polos grupos parlamentarios.[14] Tras coñecer a decisión do pleno da Cámara, Colau declarou que a aprobación a trámite da ILP sobre a dación en pago era «unha vitoria cidadá e non de ningún partido».[15] Así mesmo reclamou que o contido da ILP non se vira «pervertid[o] ni descafeinad[o]» durante a súa tramitación parlamentaria.[16] Nunha entrevista no diario Público Colau manifestou que votar cada catro años é totalmente insuficiente e que os desafiuzamentos son un dos actos máis violentos que existen.[17]

Durante o trámite, o 14 de marzo de 2013, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) ditaminou[18] que as leis españolas sobre desafiuzamentos non garantían aos cidadáns unha protección suficiente fronte a cláusulas abusivas nas hipotecas e vulneraba a normativa comunitaria.[19] Segundo a sentenza, os desafiuzamentos poderán paralizase polo xuíz en cumprimento da normativa comunitaria indicada.[20][21][22] Para a PAH a sentenza é un respaldo ao contido da Iniciativa Lexislativa Popular, cuxas medidas foran cuestionadas polo seu carácter retroactivo. A luz da doutrina do TXUE a retroactividade non só é unha posibilidade recoñecida na Constitución, senón unha necesidade. Unha necesidade xa que se propón a nulidade das execucións hipotecarias realizadas dende o ano 1993, data da Directiva na que se basea a sentenza para declarar ilegal o procedemento español. No pode sosterse que unha persoa sexa condenada a pagar unha débeda perpetua derivada dun procedemento ilegal.[23]

Finalmente, en nome da PAH, Ada Colau anunciou a retirada simbólica da ILP, despois de que o Partido Popular usase a súa maioría absoluta para aprobar unha lei que, de acordo coa PAH, vulneraba o "espírito" e as "demandas" que tiñan presentado.[24]

Alcaldesa de Barcelona[editar | editar a fonte]

O 7 de maio de 2014 Ada Colau anunciou que deixaba a portavocía da PAH. Un mes máis tarde, xunto a varias persoas vinculadas aos movementos sociais e veciñais, Colau presentou Guanyem Barcelona, unha plataforma cidadá creada co obxectivo de «construír unha candidatura de confluencia» para as eleccións municipais de 2015 na capital catalá. Tras varios meses de traballo, en febreiro de 2015 presentouse a coalición electoral Barcelona en Comú coa confluencia de Iniciativa per Catalunya Verds, Esquerra Unida i Alternativa, Equo, Procés Constituent, Podem e a plataforma Guanyem. O 15 de marzo de 2015 Ada Colau foi proclamada cabeza de lista de BC, tras un proceso de primarias abertas nas que foi a única candidata.

En maio de 2015, a candidatura de Barcelona en Comú terminou gañando as eleccións municipais, ao ser a forza política máis votada, facéndose con 11 concelleiros dun total de 41.[3] O 13 de xuño de 2015 converteuse, por maioría absoluta, en alcaldesa de Barcelona tras recibir os votos a favor do seu partido e tamén de ERC (5), PSC (4) e un concelleiro da CUP.[25]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2013 - Premio Dereitos Humanos do Festival de Cine e Dereitos Humanos de Barcelona, entregado a unha persoa ou entidade pola súa difusión e protección dos Dereitos Humanos.
  • 2013 - Premio Defensores de Dereitos Sociais, Ada Colau e Rafael Mayoral[26] en representación da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), pola súa perseverante loita polo dereito recoñecido a unha vivenda digna, pola súa capacidade de mobilización e participación cidadá e polo seu exemplo de solidariedade. Premio outorgado polo medio Periodismo Humano.[27][28]
  • 2013 - Premio Mujeres en Unión de Unión de Actores.[29]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Página oficial de la Plataforma de Afectados por la Hipoteca
  2. Ada Colau, activista de profesión, en el periódico.com, 12/2/2013
  3. 3,0 3,1 Noguer, Miguel (24 de maio de 2015). El País, ed. "Colau desbanca a Trias e debilita el proceso soberanista". Barcelona. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Perfil Ada Colau - PAH, en el periodico.com
  5. El 'papelón' de Ada Colau en Antena 3, El Mundo, 19 de abril de 2013
  6. ABC 29/03/2013
  7. "Especulació i corrupció contra el dret a l'habitatge: Ada Colau, 14/7/2010, Observatori DES". Arquivado dende o orixinal o 06/01/2014. Consultado o 05/01/2014. 
  8. Vidas hipotecadas. Recensión do libro de Ada Colau
  9. 9,0 9,1 Entrevista a Ada Colau en PAH Vigo-Tui, en Vimeo
  10. Ada Colau no El País
  11. Texto da ILP Proposición de lei de regulación da dación en pago, de paralización dos desahucios e de alugamento social
  12. Que hai detrás da ILP contra os desahucios?, Gerardo Pisarello e Jaume Asens, Observatorio de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais, entidade promotora da ILP, Público, 12/2/2013
  13. Ada Colau llama "criminal" y "supuesto experto" a un representante de la banca, La Vanguardia, 5/02/13
  14. O PP da marcha atrás e accede a debater a iniciativa popular sobre desahucios, 12/2/2013, El País
  15. Ada Colau: "É unha vitoria da cidadanía e non dun partido político", La Vanguardia, 12/02/13
  16. "Agora queda outra batalla: que non se perverta o descafeíne a ILP durante a súa tramitación", Público, 12/02/13
  17. "Esa chusma non ten que darme leccións de democracia", Público, 6/2/2010
  18. Sentencia do Tribunal de Xustiza de Luxemburgo (Sala Primeira), 14 de marzo de 2013, en El País
  19. A normativa comunitaria que vulnera a Lei hipotecaria española é a Directiva 93/13/CEE do Consello, de 5 de abril de 1993. A sentenza do Tribunal Europeo de Luxemburgo se dita en resposta a unha cuestión presentada polo xulgado mercantil de Barcelona, en concreto polo xuíz José María Fernández Seijo, a instancia do avogado Dionisio Moreno, defensor do caso de Mohamed Aziz.
  20. El tribunal de la UE otorga poder a los jueces para frenar desahucios, Mónica Ceberio/Luis Doncel, El País, 14 de marzo de 2013
  21. O Tribunal de Xustiza europeo considera abusiva a lei española sobre desahucios, 14/3/2013, El País
  22. A xustiza europea ditamina que a lei española de desahucios vulnera as normas da UE, Público, 14 de marzo de 2013
  23. Europa declara ilegal a lei española de desahucios, PAH, 14/3/2013
  24. A PAH toma a decisión simbólica de retirar a ILP pola dación en pago, Eldiario.es, 18 de abril de 2013.
  25. publico.es, ed. (12 de xuño de 2015). "O PSC apoiará a investidura de Ada Colau". Consultado o 13 de xuño de 2015. 
  26. Entrevista a Rafael Mayoral, O desahucio é un problema colectivo(En Castelán), El País, 6 de xullo de 2011
  27. "Defensores dos Dereitos Sociais, Ada Colau e Rafael Mayoral en representación da PAH (Plataforma de Afectados pola Hipoteca), Periodismo Humano, 3/5/2013". Arquivado dende o orixinal o 22/12/2015. Consultado o 05/01/2014. 
  28. Ada Colau e a PAH galardoadas polos Premios Defensores de Dereitos outorgados por 'Periodismo Humano', Europa Press, 3/5/2013
  29. Pilar Bardem entrega a Ada Colau o premio dos actores ‘Mujeres en Unión’, elplural.com, 5/6/2013

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Xavier Trias
 
Alcaldesa de Barcelona
 
2015-actualidade
Sucesor:
No cargo