Acumulador (pneumática)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En pneumática o acumulador é un depósito que se coloca a continuación do refrixerador e ten como obxectivo almacenar aire comprimido para sibministrarllo ao circuíto pneumático no momento en que o precise. Os acumuladores adoitan levar un dispositivo que pon en marcha ou detén o compresor, para que o depósito se manteña sempre a unha presión determinada. Ademais, acostuman dispoñer de manómetros e válvulas de seguridade.