Acuario Kaiyukan, Osaca
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
O acuario Kaiyukan (海遊館) é un dos maiores acuarios do mundo, localizado no distrito (ward) de Minato, en Osaca, Xapón. Dispón de 14 tanques de auga nos que se reproduce a vida mariña de diferentes áreas do Océano Pacífico. O tanque máis grande contén 5.400 metros cúbicos.