Actinomycetales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Actinomycetales
Micrococcus mucilaginosis
Micrococcus mucilaginosis
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Actinobacteria
Clase: Actinobacteria
Subclase: Actinobacteridae
Orde: Actinomycetales
Buchanan, 1917
Subordes

Actinomycineae
Catenulisporineae (de recente creación)
Corynebacterineae
Frankineae
Glycomycineae
Micrococcineae
Micromonosporineae
Propionibacterineae
Pseudonocardineae
Streptomycineae
Streptosporangineae

Actinomycetales é unha orde de bacterias do filo das Actinobacteria. Son organismos moi diversos, clasifícanse en varios subordes e moitos illados están aínda sen clasificar. Algúns xéneros son moi difíciles de clasificar debido a que o seu fenotipo é moi dependiente do nicho ecolóxico que ocupan. Por exemplo, Nocardia contén varias especies que presentan grandes diferenzas debidas soamente ás condicións de crecemento.

As Actinomycetales son bacterias Gram positivas, pero varias especies teñen complexas paredes celulares que fan que a tinguidura de Gram sexa inadecuada para caracterizalas; como ocorre coas Mycobacteriaceae. Varias Actinomycetales son patóxenas para os humanos ou os animais, plantas ou outros eucariotas. Un exemplo de patóxeno humano importante deste grupo é Mycobacterium tuberculosis, causante da tuberculose.

Algunhas especies utilízanse na industria farmacéutica e en investigación debido ás súas propiedades. A familia das Streptomycetaceae ten unha singular morfoloxía e ciclo celular e produce unha grande variedade de antibióticos. As Corynebacteriaceae, especialmente Corynebacterium glutamicum, utilízase para a produción de produtos químicos en biotecnoloxía, e a Corynebacterium diphtheriae produce a difteria.

Características[editar | editar a fonte]

Os seus representantes son na súa maioría aeróbicos e con frecuencia forman esporas. Unha característica importante dos Actinomycetales é a formación de filamentos formados por células alongadas que en moitas especies forman redes similares a un micelio, polo que se parecen superficialmente neste aspecto a fungos (pero son bacterias). Non todas as especies forman micelios; por exemplo, a especie Mycobacterium bovis ten unha forma máis ou menos de barra alongada, Arthrobacter forma cocos ou células en forma de barra.

Os Actinomicetales (ademais de pola súa clasificación taxonómica poden dividirse en varios grupos segundo as súas características. Unha posibilidade é dividilos polo seu uso do osíxeno; hai especies que van desde as aeróbicas obrigadas (actinomicetos oxidativos) a outras que presentan características anaeróbicas crecentes, e mesmo especies que poden vivir sen osíxeno por medio dun metabolismo fermentativo. Isto último encóntrase principalmente na familia Actinomycetaceae, por exemplo nos xéneros Actinomyces e Arcanobacterium. As anaerobias facultativas habitan principalmente nas membranas mucosas dos animais e seres humanos, mentres que a maioría dos aeróbicos obrigados viven de forma natural no medio ambiente.

Subordes[editar | editar a fonte]

O grupo das Actinobacteria divídese en 6 ordes, un dos cales é Actinomycetales. A este orde pertencen os seguintes subordes e familias, ademais de varios illados non clasificados[1]:

  • Suborde Actinomycineae Stackebrandt et al. 1997
    • Familias: Actinomycetaceae
  • Suborde Catenulisporineae Cavaletti et al. 2006[1] (este orde é o de máis recente creación)
    • Familias: Actinospicaceae - Catenulisporaceae
  • Suborde Corynebacterineae Stackebrandt et al. 1997
    • Familias: Corynebacteriaceae – Dietziaceae – Gordoniaceae – MycobacteriaceaeNocardiaceae – Segniliparaceae – Tsukamurellaceae – Williamsiaceae
  • Suborde Frankineae Stackebrandt et al. 1997
    • Familias: Acidothermaceae – Frankiaceae – Geodermatophilaceae – Kineosporiaceae – Nakamurellaceae – Sporichthyaceae
  • Suborde Glycomycineae Rainey et al. 1997
    • Familias: Glycomycetaceae
  • Suborde Micrococcineae Stackebrandt et al. 1997
    • Familias: Beutenbergiaceae – Bogoriellaceae – Brevibacteriaceae – Cellulomonadaceae – Dermabacteraceae – Dermacoccaceae – Dermatophilaceae – Intrasporangiaceae – Jonesiaceae – Microbacteriaceae – Micrococcaceae – Promicromonosporaceae – Rarobacteraceae – Sanguibacteraceae – Yaniaceae
  • Suborde Micromonosporineae Stackebrandt et al. 1997
    • Familias: Micromonosporaceae
  • Suborde Propionibacterineae Rainey et al. 1997
    • Familias: Nocardioidaceae - Propionibacteriaceae
  • Suborde Pseudonocardineae Stackebrandt et al. 1997
    • Familias: Actinosynnemataceae - Pseudonocardiaceae
  • Suborde Streptomycineae Rainey et al. 1997
    • Familias: Streptomycetaceae
  • Suborde Streptosporangineae Ward-Rainey et al. 1997
    • Familias: Nocardiopsaceae - Streptosporangiaceae - Thermomonosporaceae

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Actinomycetales