Aconoidasida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aconoidasida

Trofozoitos de Babesia sp. (Piroplasmorida) en frotis sanguíneo.
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Chromalveolata
Superfilo: Alveolata
Filo: Apicomplexa
Clase: Aconoidasida
Ordes

Os Aconoidasida son unha clase de protozoos parasitos apicomplexos establecida por Mehlhorn et al en 1980.[1] Os máis famosos deles son os plasmodios causantes da malaria.

Os organismos que pertence a esta clase teñen unha formación bicuda nun dos seus extremos na súa membrana externa, onde teñen un complexo apical. Este complexo apical inclúe vesículas chamadas roptrías e micronemas, que se abren na parte anterior da célula. Estas vesículas segregan encimas que lle permiten ao parasito penetrar noutras células. Esta punta está rodeada por unha banda de microtúbulos, chamada anel polar.

O nome do grupo, Aconoidasida, leva o prefixo grego negtivo a- que indica que "carecen de", e a raíz conoid, referíndose ao orgánulo chamado conoide, formado por un funil de bastonciños usados para a mizocitose. Estes protozoos teñen un conoide só durante o estadio de oocineto e carecen del no resto do seu ciclo vital. Nisto diferéncianse da clase Conoidasida, que teñen o conoide durante todo o seu ciclo vital.

A clase divídese en dous ordes: Haemospororida e Piroplasmorida.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mehlhorn H, Peters W, Haberkorn A (1980) The formation of kinetes and oocysts in Plasmodium gallinaceum and considerations on phylogenetic relationships between Haemosporidia, Piroplasmida, and other Coccidia. Protistologica 16:135–154