Acoirazado Jaime I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Perfil do Jaime I co seu aspecto en 1937

O acoirazado Jaime I foi o terceiro dunha serie de tres acoirazados construídos por España a principios do século XX. Os tres recibiron o nome xenérico do cabeza de serie, polo que se lles chamou os acoirazados España. As súas construcións tiveron lugar nos estaleiros do Ferrol pola recente nacida SECN (Sociedad Española de Construcciones Navales), foron os primeiros e os últimos acoirazados monocalibre construídos en España.

O Jaime I empezouse a construírse o 5 de febreiro do 1912, e o seu botadura tivo lugar o 21 de setembro de 1914. Pero a entrega á Armada Española atrasouse ata setembro de 1921 debido a demoras na entrega dos canóns por mor da I Guerra Mundial. Este barco estivo a piques de ser diferente dos outros dous acoirazados, pois a falta de recursos presupostarios botaron por terra os estudos que se realizaron para aumentarlle a potencia de máquinas e alcanzar os 21 nos, cun aumento do seu desprazamento ata 17.000 toneladas e ao final foi xemelo dos dous Españas (o Acoirazado España e o Acoirazado Alfonso XIII). Eran buques de bela estampa, con cuberta corrida, ponte de mando, unha soa gran cheminea ao centro, unha pequena ponte auxiliar a popa dous mastros en trípode, pequeno esporón e coas características dos seus xemelgos.

Características principais[editar | editar a fonte]

Son practicamente as mesmas que as das dos seus xemelos, os «Españas 1° e 2°»:

  • Eslora 140 m., manga 24 m., puntal 12,74 m., calado 7,70 m., desprazamento normal 15.700 toneladas e 16.450 toneladas a plena carga.
  • Para a propulsión: contaban con 12 caldeiras Yarrow de carbón, e turbinas que accionaban catro hélices, cunha potencia de 11.270 C.V. a tiro normal e 20.000 C.V. a tiro forzado.
  • A súa velocidade: era de 19,5 nós de máxima, cunha autonomía de 7.500 millas a 10 nós.
  • O seu coiraza era de 230 mm. no centro da faixa baixa, 150 mm. no da media e 75 mm. no da alta, que diminuía cara aos extremos ata 100 mm na proa e 50 mm na popa.
  • A dotación era de 850 homes.
  • O armamento principal consistía: en 8 canóns Vickers de 305 mm. 50 calibres montados en 4 torres dobres, as máis afastadas entre se colocadas sobre a liña de cruxía, unha a proa e outra a popa, e as outras dúas desprazadas da liña de croxía, a de proa cara a estribor e a de popa cara a babor.

Cada canón pesaba 67,1 toneladas e cada proxectil 385 quilos, con 902 metros por segundo de velocidade inicial, 21 500 metros de alcance máximo, e un ritmo de lume dun disparo por minuto.

  • Tamén montaban 20 canóns de 101,6 mm., 2 de 47 mm., e 2 antiaéreos de 76 mm. Que foron instalados nos anos 20.

Resumo histórico do buque[editar | editar a fonte]

En 1922, destacado en Constantinopla para defender os intereses españois durante a revolución de Ataturk, sufriu o abordaxe dun mercante que lle produciu serios danos que foron reparados nos estaleiros de Pola. Máis tarde acompañou ao acoirazado Alfonso XIII na viaxe a Italia cos Reis e Miguel Primo de Rivera. En setembro de 1925, xunto tamén co Alfonso XIII participou no desembarco de Alhucemas.

O Jaime I, que nunca cambiou de nome, ao comezo da Guerra Civil recibiu a orde de dirixirse ao Estreito de Xibraltar, no tránsito a dotación revelouse contra os seus mandos e o barco quedou en mans do bando republicano. En xullo e agosto de 1936 tomou parte nos bombardeos da Liña, Ceuta e Alxeciras, e o 13 de agosto de 1936 recibiu o impacto dunha bomba de aviación. En setembro pasou ao Cantábrico con outros barcos para apoiar a parte republicana que se quedou illada, pero despois do pouco éxito tido, o 13 de outubro recibiu a orde de regresar ao Mediterráneo e dirixirse a Cartagena, desde onde tomou parte en varios bombardeos.

En abril de 1937 encallou en Málaga, logrou zafarse e refuxiouse en Almería, onde o 21 de maio sufriu o impacto de tres bombas que lle causaron grandes danos, polo que foi levado a Cartagena a remolque para ser reparado.

Leal a República[editar | editar a fonte]

O 18 de xullo de 1936, o buque acoirazado Jaime I atópase fondeado na baía de Vigo, onde triunfa o alzamento. Ese mesmo día, o buque pon rumbo sur, e fronte á costa portuguesa ocorre un motín a bordo. Os mariñeiros e os suboficiais se rebelan contra a oficialidade do barco. O comandante da nave e o segundo de abordo toman partido polos mariñeiros. Durante uns momentos prodúcese un intercambio de disparos e ao final, os mariñeiros apresan aos oficiais superviventes. A gran maioría dos buques de guerra se amotinaron contra os golpistas, a flota de submarinos e os medios aeronavais tamén permaneceron leais á República.

O "Jaime I" recala en Tánxer, porto onde se reúne o groso da Escuadra republicana. Este acoirazado toma parte en diversas operacións de bombardeo de costa con outros buques como o Cervantes, Liberdade, Lepanto, Escaño, José Luís Díez, Almirante Antequera, Almirante Miranda, Almirante Valdés...

O 15 de abril do 1937, o buque sae danado dunha batalla naval no Estreito. O 21 de maio é alcanzado pola Forza Aérea Italiana. Recibe varios impactos dos Saboya-79.

O 17 de xuño, mentres era reparado en Cartagena (principal base naval da República, os nacionais tiñan Ferrol), unha misteriosa explosión interna afundiu o barco, que quedou pousado no fondo. Máis de 300 mortos e centos de feridos constitúen o balance da traxedia.

Semanas despois os enxeñeiros da mariña reflótano. As súas pezas artilleiras son desmontadas e recolocadas ao longo da costa republicana (Andalucía oriental, Levante e Cataluña, recuperando así os enormes canóns de 305 mm e 101 mm).

En 1941 o barco -ou o que quedaba del-. foi desmantelado.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]