Acmeísmo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O acmeísmo foi un movemento poético que emerxeu en Rusia en torno 1910 e ata a segunda guerra mundial baixo a dirección de Nikolai Gumiliov, Anna Akhmatova e Osip Mandelshtam[1] e que procuraban unha volta ás formas clásicas dentro do modernismo como reacción ao simbolismo, coa consigna de amar a existencia do obxecto antes que o propio obxecto[2] utilizando unha claridade clásica e unha linguaxe corrente[3] pero mantendo o principio metafórico de transformación[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Simon Karlinsky. Marina Tsvetaeva CUP Archive, 1985, páxina 33
  2. Limiar á tradución portuguesa de Osip Mandelstam "O rumor do tempo", Sao Paulo, Editora 34, 2000
  3. Massaud Moisés Dicionário de Termos Literários. Editora Cultrix, Sao Paulo, 1914, páxina 194
  4. João Luiz Lafetá A dimensão da noite. Editora 34, 2004, páxina 362