Aclamación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aclamación é unha forma de elección sen necesidade de votación, a forma máis común é dar voces ou aplausos para aprobar ou elixir algo. De aprobarse ou elixirse por manifestación ruidosa a unha soa voz enténdese que se aproba ou elixe por aclamación.

No Canadá considérase elixido un candidato para un posto por aclamación cando non ten opoñentes. A aclamación foi tamén un método para a elección de papas da Igrexa católica.