Achim von Arnim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Achim von Arnim
Achim von Arnim
Achim von Arnim
Nacemento: 1781
Berlín
Falecemento: 1831
Schloss Wiepersdorf
Nacionalidade: Alemá
Ocupación: Escritor

Ludwig Achim von Arnim, nado en Berlín en 1781 e finado en Schloss Wiepersdorf en 1831, foi un escritor alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procedente dunha familia da nobreza prusiana, estudou dereito e ciencias naturais en Halle. Entre 1801 e 1804 emprendeu unha viaxe de estudos por Europa e escribiu unha serie de artigos científicos relatando as súas impresións.

Pero o seu interese virou cara a literatura. Coas lecturas de Goethe e Herder aprendeu a apreciar as belezas das lendas e folclore alemán. Co seu amigo Clemens Brentano publicou unha colección de Volkslieder (cantos populares) en catro volumes entre 1806 e 1808. Nese ano tamén fundou o xornal romántico Zeitung für Einsiedler en Heidelberg. En 1809 instalouse en Berlín, onde colaborou co Berliner Abendblätter e fundou en 1811 a agrupación política Deutsche Tischgesellschaft

Obras[editar | editar a fonte]

  • Hollin's Liebeleben, 1802
  • Ariel's Offenbarungen, 1804
  • Des Knaben Wunderhorn ( 4 vol., con Clemens Brentano), 1806 e 1808
  • Tröst Einsamkeit, 1808
  • Der Wintergarten, 1809
  • Armut, Reichthum, Schuld und Buße der Gräfin Dolores, 1810
  • Halle und Jerusalem, 1811
  • Isabella von Ägypten. Kaiser Karl des Fünften erste Jugendliebe, 1812
  • Schaubühne), 1813
  • Die Kronenwächter. Bertholds erstes und zweites Leben, 1817
  • Der tolle Invalide auf dem Fort Ratonneau, 1818
  • Die Gleichen), 1819
  • Die Majoratsherren, 1819
  • Owen Tudor, 1820
  • Landhausleben, 1826
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Achim von Arnim