Acetobacteráceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non se debe confundir con Acetobacterium ou Azotobacteráceas.
Acetic acid bacteria
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Alphaproteobacteria
Orde: Rhodospirillales
Familia: Acetobacteraceae
Xéneros

Acetobacter
Acidicaldus
Acidiphilium
Acidisphaera
Acidocella
Acidomonas
Asaia
Belnapia
Craurococcus
Gluconacetobacter
Gluconobacter
Granulibacter
Kozakia
Leahibacter
Muricoccus
Neoasaia
Oleomonas
Paracraurococcus
Rhodopila
Roseococcus
Rubritepida
Saccharibacter
Stella
Swaminathania
Teichococcus
Zavarzinia

As acetobacteráceas (Acetobacteraceae), tamén chamadas bacterias do ácido acético, son unha familia de bacterias que realizan unha oxidación incompleta de alcohois a ácidos orgánicos; o máis característico é que obteñan a súa enerxía da oxidación do etanol a ácido acético durante as fermentacións. Son bacterias con forma de bacilo Gram negativas aeróbicas. Non se deben confundir co xénero Acetobacterium da familia Eubacteriaceae, o cal está formado por especies anaerobias que poden reducir o dióxido de carbono para producir ácido acético.[1]

As Acetobacteraceae son bacterias ubicuas. Están presentes nos ambientes nos que se forma etanol como resultado da fermentación dos azucres. Poden illarse do néctar das plantas e das froitas estragadas, e tamén da sidra fresca e da cervexa sen pasteurizar nin filtrar. As moscas da froita ou do vinagre Drosophilidae ou as Turbatrix aceti considéranse os vectores comúns para propagar as Acetobacteraceae[2] na natureza.

Algúns xéneros como Acetobacter, poden finalmente oxidar o ácido acético que producen a dióxido de carbono e auga usando encimas do ciclo de Krebs. Outros xéneros como Gluconobacter, non oxidan o ácido acético.

Algunhas bacterias do ácido acético como Acetobacter xylinum poden sintetizar celulosa,[3] o cal normalmente é característico dos vexetais.

Dado que estas bacterias producen ácidos, normalmente son tolerantes á acidez, e crecen mellor por debaixo do pH 5,0, aínda que o seuu pH óptimo para o crecemento é de entre 5,4 e 6,3.

As bacterias do ácido acético son móbiles con flaxelación peritrica ou polar. Os organismos con flaxelación polar están relacionados coas Pseudomonas, das que difiren principalmente pola súa tolerancia ao ácido e pola súa incapacidade de oxidar completamente os alcohois. Estes organismos son os que actualmente foron incluídos no xéneo Gluconobacter. O xénero Acetobacter comprende os organismos con flaxelación peritrica.[4]

Na produción industrial de vinagre empréganse cultivos de bacterias do ácido acético. O acetato producido por estas e polos homoacetóxenos tamén se usa (en forma de sal de calcio) para fundir o xeo das estradas en inverno.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Acetobacterium, a new genus of hydrogen-oxidizing, carbon dioxide-reducing, anaerobic bacteria 1977, Int J Syst Bacteriol 27, 355-361.
  2. Vinegars of the World. Chapter 5. ISBN 978-88-470-0865-6
  3. Formation of cellulose by certain species of Acetobacter Biochem J. 1951 May; 48(5): 618–621
  4. Madigan M; Martinko J (editors). (2005). Brock Biology of Microorganisms (11th ed. edición). Prentice Hall. ISBN 0-13-144329-1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outras lecturas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Acetobacteráceas