Acetato de isoamilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O acetato de isoamilo, denominado tamén acetato de amilo, aceite de plátano ou aceite de banana,[1] é un composto orgánico de fórmula CH3COOCH2CH2CH(CH3)2 que é un éster do alcohol isoamil e o ácido acético. É un líquido incoloro con aroma a bananas (e lixeiramente a pera) e por iso algunhas industrias alimentarias emprégano como aromatizante.[2] A denominación aceite de banana ou aceite de plátano aplícase tanto ao acetato de isoamilo empregado como aromatizante, como ás mesturas de acetato de isoamilo, acetato de amilo e outros compostos.[1]

Síntese[editar | editar a fonte]

O acetato de isoamilo obtense de forma natural dalgunhas froitas como o plátano (banana) ou a pera. Non obstante, sintetízase tamén artificialmente,[3] mediante unha reacción catalizada en medio ácido (por esterificación Fischer) entre o alcohol isoamílico e o ácido acético glacial tal e como se mostra:

Xeralmente acostúmase empregar ácido sulfúrico como catalizador da reacción de síntese. O intercambio de ións do ácido dalgunhas resinas permite empregalas tamén como catalizador.

Propiedades[editar | editar a fonte]

Preséntase como un líquido incoloro cun característico recendo a plátano. É un líquido moi inflamable. Dependendo da concentración coa que se presente posúe un lixeiro aroma a pera. A denominación aceite de pera refírese por regra xeral a unha solución de acetato de isoamilo en etanol e emprégase como saborizante artificial en lácteos.[2]

Usos[editar | editar a fonte]

O principal uso do acetato de amilo é como aromatizante de certos produtos como refrescos (nos Estados Unidos elabóranse liñas de produtos como o Juicy Fruit). Úsase como solvente (por exemplo da nitrocelulosa), na elaboración de perfumes e en esencias artificiais de froitas. Emprégase como feromona que é capaz de atraer as abellas melíferas. A capacidade de disolver a nitrocelulosa fixo que fose empregado nos primeiros tempos da industria aeronáutica. Debido ao seu intenso olor adóitase empregar para comprobar a eficiencia dos respiradores nas máscaras de gas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Karl-Georg Fahlbusch, Franz-Josef Hammerschmidt, Johannes Panten, Wilhelm Pickenhagen, Dietmar Schatkowski, Kurt Bauer, Dorothea Garbe, Horst Surburg “Flavors and Fragrances” in Ullmann's Encyclopedia of Industrial Chemistry, Wiley-VCH, Weinheim, 2002. doi 10.1002/14356007.a11_141.
  2. 2,0 2,1 McGee, Harold. On Food and Cooking. 2003, Scribner, New York.
  3. Isoamyl Acetate Arquivado 28 de maio de 2010 en Wayback Machine., Occupational Safety and Health Administration

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]