Acerbaixán - Azərbaycan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Azərbaycan Respublikasi

República de Acerbaixán
Bandeira de Acerbaixán Escudo de Acerbaixán
Bandeira Escudo
Himno nacional: Azərbaycan Marşı
 
Europe location AZE.png
 
Capital
 • Poboación
Bakú
2.100.000 (2003)
Cidade máis poboada Bakú
Linguas Azerí
Forma de goberno República presidencialista
Ilham Aliyev
Artur Rasizade
Independencia
 • Declarada
 • Recoñecida
Da Unión Soviética
19 de novembro de 1990
30 de agosto de 1991
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 111º
86.600 km²
Desprezable
2.013 km km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 89º
9.164.600[1] (2011 est.)
106 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2011)
 • PIB per cápita
Posto 88º
USD 94.318 millóns[2]
USD 10.340[2]
IDH n/d
Moeda Manat azerbaixá (AZM)
Xentilicio acerbaixán/acerbaixá
Fuso horario
 • en verán
(UTC+4)
(UTC+5)
Dominio de Internet .az
Prefixo telefónico +994
Prefixo radiofónico 4JA-4KZ
Código ISO 031 / AZE / AZ
Membro de: ONU, OSCE
Tódolos países do mundo

A República de Acerbaixán atópase no Cáucaso á beira do Mar Caspio, limita con Rusia polo norte, con Xeorxia e Armenia polo oeste e con Irán polo sur. A República Autónoma de Nakhichevan (un enclave de Acerbaixán) limita con Armenia ao norte e ao leste, Irán ao sur e oeste e Turquía ao noroeste.

Índice

[editar] Historia

Pertencente a Irán (por entón Persia), Acerbaixán foi ocupado por Rusia no século XVIII, estando dividido o territorio ata entón en tres provincias: Arran, Shervan e Nakhjavan.

A administración rusa comezou a fins do século XIX a explotación dos campos petrolíferos de Bakú. Tras a revolución do 1917, toda a Transcaucasia acadou a independencia, mais rematada a guerra civil foi reincorporada á nova URSS, co status de República.

Acadou definitivamente a independencia no 1991.

[editar] Goberno e política

Artigo principal: Política de Acerbaixán.

Acerbaixán é unha República presidencialista. O Presidente de Acerbaixán elíxese por un período de 5 anos. O poder lexislativo está en máns da Asemblea Nacional, un organismo elixido democraticamente e que consta de 50 membros.

A maioría de idade está establecida nos 18 anos.

Os críticos do sistema político considérano en realidade unha cleptocracia. A corrupción está instalada en todoa os niveis.

[editar] Subdivisións

División de Acerbaixán.
Artigo principal: Subdivisións de Acerbaixán.

Azerbaiyán está dividido en:

[editar] Economía

Artigo principal: Economía de Acerbaixán.

A pesar dos abondosos recursos petrolíferos, o país non puido saír do marasmo económico que seguiu ao derrubamento da Unión Soviética.

A economía está baseada na industria, incluíndo construción de maquinaria, refinado de petróleo (do que o país é un produtor moi importante), industria téxtil e química.

A agricultura representa un terzo do PIB. Os regadíos están moi estendidos. Nas terras baixas, preto de Mar Caspio o clima permite o cultivo de algodón, froitas, , tabaco e outros cultivos típicos dos climas subtropicais. O verme da seda é criado para o seu aproveitamento na industria téxtil. Nas zonas montañosas do norte e do oeste practícase a gandería: vacas, ovellas e cabras. No mar Caspio practícase a pesca, entre a que hai que citar a do esturión.

[editar] Demografía

Evolución demográfica de Acerbaixán entre 1992 e 2003 (en miles).
Artigo principal: Demografía de Acerbaixán.

A súa poboación estimábase en 9.164.600 habitantes o 11 de xullo de 2011.

Ao redor do 95 % da poboación é etnicamente azerí (de relixión musulmá, e lingua pertencente á rama túrquica da familia altaica). Este pobo está presente en Irán, onde existen dúas provincias de igual nome.

A poboación de orixe iraniana, como os talish e de orixe daguestaní como os ávaros, tats e lezguinos, están sometidos a un forte abandono e discriminación; ademais, as cifras da poboación destes grupos que dá o goberno de Acerbaixán, son obxecto de controversia.

Segundo datos de 2006, a esperanza de vida ao nacer en Acerbaixán é de 62 anos nos homes e 66 nas mulleres.

[editar] Imaxes

[editar] Véxase tamén

[editar] Notas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas