Acelomorfo
| Acelomorfos | ||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | ||||||||
|
||||||||
| Clases | ||||||||
|
Os acelomorfos (Acœlomorpha que significa "sen celoma") forman un filo independente, segundo as novas clasificacións feitas polos autores Jaume Baguñà e Marta Riutort [1] aínda que antes estaban dentro do grupo dos platelmintos turbelarios. Estarían na base dos Bilateria. Esta categoría taxonómica inclúe aos acelos e nemertodermátidos, dous antigos ordes de turbelarios convertidos agora en clases.
Son diminutos vermes planos que carecen de intestino. O alimento é dixerido no interior de vacuolos que se forman arredor da inxesta. Carecen de cavidade xeral e de aí o seu nome. Posúen un estatocisto que posiblemente lles serve para controlar a gravidade e orientarse.
Todas as especies coñecidas son mariñas e habitan entre as partículas de sedimentos, flotando na auga formando parte do plancto ou nadando entre as algas.
[editar] Bibliografía
- ↑ Baguñà J, Riutort M (2004) Molecular phylogeny of the Platyhelminthes. Can J Zool 82:168-193.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Platyhelminthes The nature of a controversial phylum - 3 de febrereiro do 2006 (en inglés)
- Phylogeny of Lower Worms of the Meiofauna (en inglés)
| Filos do Reino Animal |
| Acanthocephala | Acoelomorpha | Annelida | Arthropoda | Brachiopoda | Bryozoa | Chaetognatha | Choanozoa | Chordata | Cnidaria | Ctenophora | Cycliophora | Echinodermata | Entoprocta | Gastrotricha | Gnathostomulida | Hemichordata | Kinorhyncha | Loricifera | Micrognathozoa | Mollusca | Monoblastozoa | Nematoda | Nematomorpha | Nemertea | Onychophora | Orthonectida | Phoronida | Placozoa | Platyhelminthes | Porifera | Priapulida | Rhombozoa | Rotifera | Sipuncula | Tardigrada | Vetulicolia† | Xenoturbellida |