Acelga mariña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acelga mariña
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermas
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Core eudicots
Orde: Caryophyllales
Familia: Amaranthaceae
Xénero: Beta
Especie: B. vulgaris
Subespecie: B. vulgaris subsp. maritima
Nome trinomial
Beta vulgaris subsp. maritima
(L.) Arcang.

A acelga mariña[1] ou acelga brava, Beta vulgaris subsp. maritima ((L.) Arcangeli.[2]), é un membro da familia Amaranthaceae, anteriormente clasificada coma Chenopodiaceae, do xénero Beta (o mesmo xénero e especie ca a acelga e maila beterraba) . Carl von Linné describiuna primeiro coma Beta vulgaris en 1753; na segunda edición de Species Plantarum en 1762 dividiu as especies en variedades bravas e cultivadas, dándolle o nome de Beta maritima ao taxon bravo.[3]

A acelga mariña é nativa das costas de Europa, norte de África, e sur de Asia. Chega ás costas de Galiza e da Gran Bretaña.

A acelga mariña é o devanceiro de hortalizas tan coñecidas coma a beterraba, a beterraba azucreira ou a acelga[4] As follas teñen unha textura e un sabor agradábel tanto crúas coma cociñadas, de aí o nome de acelga brava.

É unha planta perenne que medra até 1,2 m, e florea polo verán. As flores son hermafroditas e polinizadas polo vento. Require solos húmidos con boa drenaxe, non tolerando a sombra. Porén, pode tolerar ben altos niveis de sal no ambiente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego en varias fontes, coma E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
  2. Lange, W., W. A. Brandenburg and T.S.M. De Bock. 1999. Taxonomy and cultonomy of beet (Beta vulgaris L.). Botanical J. of the Linnean Society 130:81-96.
  3. Lange, W. (1996). "International Beta Genetic Resources Network" (PDF). Bioversity International. p. 24. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de marzo de 2012. Consultado o 9 July 2011. In the second edition of Species Plantarum (1762), the species was split up into wild and cultivated materials. The wild taxon was named Beta maritima, and the cultivated material remained to be split up into varieties carrying Latin names. 
  4. Beta Maritima: The Origin of Beets. Springer. 2012. ISBN 978-1-4614-0841-3. The volume will be completely devoted to the sea beet, that is, the ancestor of all the cultivated beets. The wild plant, growing mainly on the shore of the Mediterranean Sea, remains very important as source of useful traits for beet breeding. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]