Accio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Accio (en grego Aktios, en latín Actium) é un promontorio aoi norte de Acarnania (Grecia), na embocadura do Sinus Ambracius (golfo de Arta), ao oeste de Anactorion, fronte ao cal libráronse dúas batallas:

  • A primeira no ano 435 a.C., na qua a flota de Corinto enviada contra Corcira (Corfú) foi completamente destruída.

No promontorio había un templo dedicado a Apolo, onde se facía un festival en honor do deus. Octavio Augusto contuíu na outra banda da costa a cidade chamada Nicópolis Actium (Nicópolis, do grego Niké, a Vitoria), e renovou o festival ou xogos alí instituídos (Ludi Actiaci), transferíndoos a Roma. Estes xogos, que constaban de exercicios ximnásticos, loitas a cabalo e concertos musicais, celebrábanse cada cinco anos.

A vitoria de Actium converteuse no punto de partida dunha época particular, denominada era actíaca (Actiaca Aera).