Accidente ferroviario de Torre del Bierzo de 1944

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O accidente ferroviario de Torre del Bierzo de 1944 produciuse en España, o día 3 de xaneiro de 1944, cando chocaron dentro do túnel número 20 da liña Palencia-A Coruña (á altura da localidade de Torre del Bierzo, no Bierzo) un tren correo, unha locomotora en manobras e un tren de mercadorías. O número oficial de vítimas mortais foi de 78 segundo a autoridade xudicial, pero sempre se sospeitou que o Réxime franquista puido ocultar a magnitude real do accidente.[1][2] Documentos posteriores elevaron a cifra a 200 falecidos[2], pero hai indicios e estudos que arroxan un saldo de ata 500 ou 800 mortos.[2]

O franquismo rapidamente censurou a dimensión desta catástrofe, dado que o pésimo estado das infraestruturas ferroviarias e a constante falta de mantemento eran en boa medida as responsables do accidente, debido a que se tivo que responder a escasezas de todo tipo e a necesidade da reconstrución dos danos producidos pola recente guerra civil, unha tarefa difícil pola presente escaseza de recursos económicos.[3] Varias décadas despois, o accidente daría título a unha curtametraxe (Túnel número 20) dirixido por Ramón de Fontecha, que obtivo o Premio Goya á mellor curtametraxe documental en 2002.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "55 años del accidente de Torre del Bierzo", artigo na web da Asociación Berciana de Amigos del Ferrocarril, 1999 (en castelán).
  2. 2,0 2,1 2,2 "Torre del Bierzo conmemora la tragedia ferroviaria ocultada por el franquismo", artigo en El País, 4 de xaneiro de 1999 (en castelán).
  3. "Un corto rescata del olvido un trágico accidente de tren ocultado por el franquismo", artigo de Marifé Moreno en El País, 6 de xaneiro de 2003 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]