Accidente ferroviario de Chinchilla de 2003

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Talgo 200 na Estación de Málaga, do mesmo modelo que o implicado no accidente.

O Accidente ferroviario de Chinchilla de 2003 produciuse o día 3 de xuño de 2003 no municipio albaceteño de Chinchilla de Monte-Aragón, cando tivo lugar unha colisión de trens que acabou coa vida de 19 persoas e deixou uns 50 feridos.[1]

Constituíu un dos accidentes ferroviarios máis graves de España, comparable ao accidente de Castelldefels de 2010, superado polo accidente de Angrois, Santiago de Compostela, en 2013, e a Catástrofe de Torre del Bierzo (León), ocorrida en 1944.

Sucesión dos feitos[editar | editar a fonte]

Ás 21:30 horas un tren de pasaxeiros composto pola locomotora 354.007-7 «Virxe de Begoña»[2] remolcando unha rama de Talgo VI entrou na estación de Chinchilla (situada ao sueste de Albacete, na bifurcación das liñas cara a Alacant e Murcia) procedente de Madrid-Chamartín[3] e con destino a Cartagena.[1]

Ás 21:35 o tren saíu da estación pola liña de Murcia cando pola mesma vía e en sentido contrario atopábase circulando un tren de mercancías procedente de Murcia, sendo o seu titular a locomotora 333.304. Senllos trens atopáronse e chocaron frontalmente a uns 3 km da estación. Tras o impacto produciuse un incendio que se estendeu rapidamente cara aos primeiros coches Talgo, resultando calcinadas varias unidades do convoi.[1] As dúas locomotoras resultaron destruídas pola violencia do impacto e causaron baixa definitiva no parque de Renfe Operadora.[1]

O accidente produciuse segundo a investigación xudicial debido a que o factor de circulación da estación de Chinchilla deixouse o sinal de saída da vía en que se atopaba o Talgo indicando vía libre, e deu orde de marcha ao tren de pasaxeiros, sen recordar que por ese tramo de vía única circulaba o mercancías en sentido contrario que debía cruzar con este na estación.[4]

Consecuencias[editar | editar a fonte]

Vítimas[editar | editar a fonte]

Nun primeiro momento, estimouse que eran 16 os falecidos (dos cales, 5 eran os maquinistas dos dous trens implicados) xunto a 10 desaparecidos e 39 feridos. Tras finalizar os labores de rescate, deuse un saldo de 19 persoas mortas[5] e outras 65 que resultaron feridas de diversa consideración.

Proceso xudicial[editar | editar a fonte]

O acusado, declarado culpable, fíxoo por mor dun descoido segundo indicaron as investigacións; aínda así o ministerio fiscal de Castela-A Mancha solicitou unha pena de 2 anos e 181 días, como presunto responsable de 19 homicidios e 48 delitos de lesións por imprudencia.[4] Unha sentenza de 2006 condenoulle a esta pena solicitada, en tanto que establecía a causa do accidente en "un erro ou neglixencia do xefe de estación".[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]