Acción Regional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Acción Regional foi unha pequena asociación política española, activa brevemente ao comezo da Transición a nivel estatal. Estaba liderada polo ex-ministro franquista Laureano López Rodó, quen a definiu na súa primeira asemblea xeral como «rexionalista, conservadora e humanista», mentres que foi secretario xeral José María Ruiz Gallardón. Foi creada en 1976 e ao ano seguinte foi un dos grupos fundadores de Alianza Popular.