Acca Larentia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Acca Larentia era unha deusa romana. Hai versións contraditorias sobre quen era. Segundo algunhas tradicións, era a muller de Fáustulo, o pastor que atopou a Rómulo e Remo, dos que foi nodriza. Tivo doce fillos, en honra dos que se estableceu o colexio dos doce Arvales Frates, sacerdotes de Ceres e Baco. En cambio, segundo Tito Livio era unha prostituta arriquecida, denominada Lupa, que deixa a súa herdanza a Rómulo. En ocasións, tamén é descrita como amante de Hércules.

Dábaselle culto o 23 de decembro, no que se celebraban a festa larentalia. Posiblemente está relacionada coa deusa sabina Larenta ou Larunda.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Acca Larentia