Acanthophis pyrrhus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acanthophis pyrrhus amarela avermellada
Acanthophis pyrrhus amarela avermellada
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Squamata
Suborde: Serpentes
Familia: Elapidae
Xénero: 'Acanthophis'
Especie: ''A. pyrrhus
Nome binomial
''Acanthophis pyrrhus''
Boulenger[1]
Distribución

Distribución

Acanthophis pyrrhus é unha especie de cobra pezoñenta nativa de Australia.

Descrición[editar | editar a fonte]

Pertencente ao xénero Acanthophis, o seu corpo é curto e groso, cabeza triangular, cairos móbiles e un rabo delgado e moi flexible. Poden chegar a medrar ata os 70 centímetros, cunha lonxitude entre o fociño e a cloaca de 62 cm, presentando unha aparencia plana.[2]A súa cor pode ser castaña avermellada brillante ou amarelo avermellada, con bandas fortes ou ou discretas de cor amarelo que serven como camuflaxe coa contorna. A punta do rabo, distintivamente escura, úsaa como isco para atraer a potenciais presas. Os seus cairos son máis longos que os da maioría das cobras velenosas australianas.

George Albert Boulenger foi o primeiro, en 1898, en describir a especie.[3]

Distribución[editar | editar a fonte]

A especie vive en zonas áridas e desérticas, desde a costa de Australia Occidental ata o centro do país, chegando ata o sur de Kalgoorlie e ao Territorio do Norte, habita en áreas remotas, entre herbas do xénero Triodia, chans pedregosos, cumiais de area e afloramentos rochosos de Australia Occidental e Central. A Acanthophis antarcticus, unha especie relacionada, ten unha distribución diferente habitando no sur e leste de Australia.


Comportamento[editar | editar a fonte]

Esta cobra só traba cando sinte unha unha presa ou unha ameaza moi próxima a ela, normalmente están máis activas ao escurecer, tan só ocasionalmente se poden ver durante o día permanecendo no alto de arbustos ou na herba xacendo alí. A súa alimentación principal consiste en lagartos, especialmente da familia Scincidae e o Physignathus lesueurii [4], e pequenos maníferos.[2] .

Pezoña[editar | editar a fonte]

Os seus cairos son longos, e as súas glándulas producen unha cantidade considerable de pezoña tóxica, aínda que son resistentes a trabar a non ser que sintan a ameaza moi próxina e raramente atacan aos humanos. Con todo a especie considérase moi perigosa.[5] A pezoña é principalmente unha neurotoxina, e aínda que chegou a ter unha taxa de mortalidade do 50%, agora raramente causa a morte.[6]

Reprodución[editar | editar a fonte]

A especie reprodúcese durante a primavera ou ao comezo do verán, e as crías nacen na fin do verán ou ao comezo do outono, a diferenza doutras cobras a nai retén os ovos no seu corpo ata que están formadas para vivir de xeito independente, poden nacer ata 13 exemplares en cada niñada.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Interagency Taxonomic Information System
  2. 2,0 2,1 Browne-Cooper, R., Bush, B., Maryan, B., Robinson, D. (2007). Reptiles and Frogs in the Bush: Southwestern Australia. University of Western Australia Press. pp. 243, 244. ISBN 9781920694746.
  3. Boulenger, G. A. 1898. Description of a new death adder (Acanthophis) from central Australia. Ann. Mag. nat. Hist. (7) 2: 75
  4. 4,0 4,1 "Desert Death Adder". Our Animals. Australian Reptile Park. http://www.reptilepark.com.au/animals.asp?catID=16&ID=108. Consultado o 2008-10-13.
  5. "Desert Death Adder (Acanthophis pyrrhus)". Venomous Animals. Australian Venom Research Unit (AVRU). http://www.avru.org/general/general_desadder.html. Consultado o 2008-10-13.
  6. "CSL Death Adder Antivenom". Toxinology Department: CSL Antivenom Handbook. Women's & Children's Hospital, Adelaide, Australia. http://www.toxinology.com/generic_static_files/cslavh_antivenom_deathader.html. Consultado o 2008-10-13.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Acanthophis pyrrhus