Acanthochitona fascicularis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Acanthochitona fascicularis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Metazoa
Filo: Mollusca
Clase: Polyplacophora
Orde: Chitonida
Suborde: Acanthochitonina
Superfamilia: Cryptoplacoidea
Familia: Acanthochitonidae
Subfamilia: Acanthochitoninae
Xénero: Acanthochitona
Especie: A. fascicularis
Nome binomial
Acanthochitona fascicularis
(Linnaeus, 1767)

Acanthochitona fascicularis é un molusco dos poliplacóforos que habita baixo das rochas e entre as algas no litoral ata os 50 metros de profundidade[1], a especie distribúese por todo o Mediterráneo, e o Atlántico desde a Canle da Mancha ata Azores e as Canarias [2]. A súa forma é oval alongada, a súa lonxitude é o dobre do seu largo, súa cuncha, está formada por oito placas calcarias moi arqueadas e rodeada por unha ampla marxe coriácea, onde se dispoñen oito pares de pequenos fascículos de pelos quitinosos[3]. A súa cor é variable, abrancazada, pardacenta, amarelada ou grisalla. Pode chegar ata os 60 mm[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A. M. Jones e J. M. Baxter Molluscs : Caudofoveata, Solenogastres, Polyplacophora and Scaphopoda: Keys and Notes for the Identification of Species. Linnean Society of London e Estuarine and Brackish-Water Sciences Association, 1987, páxina 86
  2. Dell’Angelo, B. e Vardala-Theodorou, Pleistocene Polyplacophoran Species from Perachora Peninsula. Annales. Musei Goulandris, 2006.
  3. Emilio Rolán y Jorge Otero-Schmitt, Guía dos moluscos de Galicia, 322 páx., Ed. Galaxia, 1996, ISBN 84-8288-072-1.
  4. P. J. Hayward, John Stanley Ryland Handbook of the Marine Fauna of North-West Europe. Oxford University Press, 1995, páxina 488

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]