Ergativo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Absolutivo")
O ergativo, nas linguas con sistema ergativo, é o caso utilizado para indicar o suxeito dun verbo transitivo. Oponse ao caso absolutivo (xeralmente non marcado), que serve á vez de Complemento Directo dun verbo transitivo e de suxeito dun verbo intransitivo.
Nas linguas flexivas que non empregan tal sistema, o suxeito dun verbo, independentemente da súa transitividade, está en nominativo e o seu Complemento Directo en acusativo.
Véxase tamén [editar]
| Caso gramatical das linguas aglutinantes e flexivas (por orde alfabética) |
| ablativo, acusativo, comitativo, dativo, ergativo (ergatividade), inesivo, nominativo, vocativo, xenitivo; véxase tamén: temporal |