Abrótega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abrótega
Asphodelus albus.004.JPG
Clasificación científica
Reino: Plantae
Filo: Magnolyophita
Clase: Liliopsida
Orde: Asparagales
Familia: Asphodelaceae
Xénero: Asphodelus
Nome científico
Asphodelus albus
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A abrótega ou abrótea (Asphodelus albus) é unha planta perenne da familia das liliáceas, moi empregada como planta de xardín, nativa do centro de sur de Europa. Pode chegar ata o metro de altura, aínda que habitualmente tan só chega a 50 cm. As follas con forma de espada nacen na base da planta; as flores vanse xuntando a medida que se ascende polo talo ata chegar á cima na que están en acios ou amoreadas. Agroma de maio a setembro en terreos secos e pedregosos, especialmente en zonas moi degradadas arredor do Meditérraneo, e tamén nas abas dos Alpes e outras montañas, chegando ata os 1.600 m.

Tamén recibe os nomes de abrótena, apóutiga , asfódelo, breca, gamón, gamota, herba do gando, lumbrieiro, nunú, ouropesa, ouropeso, pé de pita e petuga[1] [2]

[editar] Galería de imaxes

[editar] Notas

  1. Dicionario de sinónimos da lingua galega, Galaxia, 1997
  2. Dicionario da Real Academia Galega
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas