Abensberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Abensberg, é unha cidade de 12.500 habitantes (2004) no distrito de Kelheim, en Baviera (Alemaña). O río Abens dá nome á cidade.
A cidade, co nome de Castra Abusina, é coñecida xa dende a época romana polas súas fontes termais. O 20 de abril de 1809 Napoleón obtivo, neste lugar, unha vitoria fundamental sobre os austríacos mandados polo Arquiduque Luís e o Xeneral Johann Hiller.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abensberg