Abella raíña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abella raíña con abellas obreiras

A abella raíña ou abella mestra é unha das tres castes que teñen as abellas melíferas. É a única femia fértil que pon ovos fecundados que dan orixe a abellas obreiras infértiles e pon ovos non fecundados que dan orixe a abellóns fértiles, por un mecanismo denominado partenoxénese.

Ciclo de vida de Apis mellifera[editar | editar a fonte]

Celas reais de urxencia na parte inferior dos panais.

As abellas melíferas sobreviven ao inverno como colonia, a abella raíña comeza a desovar na primavera. Isto é probablemente activado polas floracións das que liban o néctar, abundantes xa nesta época. A raíña é a única femia fértil e deposita os ovos dos cales nacerán todas as demais abellas. A abella raíña non abandona a colmea, salvo durante os voos de fecundación, ou cando se produce un enxame para dar lugar a unha nova colonia. A raíña deposita os seus ovos, en panais de cera que as obreiras constrúen con celas hexagonais. O ovo despois do terceiro día transfórmase nunha pequena larva que é alimentada por abéllas ama de cría ou nutrices (abellas obreiras xoves). Logo dunha semana, máis ou menos, dependendo da especie, a larva é selada na súa cela por abéllas ama de cría, producíndose o estado de ninfa ou pupa. En aproximadamente outra semana (novamente dependendo da especie), a ninfa emerxe como unha abella adulta.

As raíñas non son criadas nas típicas celas horizontais do panal, senón que as súas celas son construídas para ser de maior tamaño e en posición vertical. Cando a raíña remata a súa etapa de alimentación larval e se convérte en pupa, desprázase a unha posición cabeza abaixo, desde a cal logo come a súa cela para saír. Durante a etapa de pupa, as abellas obreiras tapan ou selan a cela real. Xusto logo de emerxeren das súas celas, a miúdo as abellas raíña producen un son o cal crese é un reto a outras raíñas a batallar.

As abellas raíña viven unha media de tres anos. As obreiras viven períodos moito máis breves, de menos de tres meses en media, aínda que esta é unha estimación variable que depende tanto da época estacional como da carga de traballo.

As abellas raíña liberan feromonas para regular as actividades da colmea. Moitas abellas obreiras tamén producen feromonas para comunicarse con outras abellas.

Ciclo da raíña[editar | editar a fonte]

Tipo ovo Larva Operculado Pupa Período de desenvolvemento Fertilidade
raíña 3 días 5 1/2 días 7 1/2 días 8 días 16 días aprox. 23 días

Funcións da abella raíña[editar | editar a fonte]

A abella raíña é a nai de toda a colonia, segundo poña un ovo fecundado del obterase unha abella obreira (femia); ou ben dun non fecundado obterase un abellón (macho).

Os ovos fecundados destinados á produción de obreiras poraos nas celas hexagonais dos panais de cera que teñan 6 milímetros de diámetro; mentres que os ovos destinados á produción de abellóns poraos en celas de 8 milímetros. A raíña produce unha serie de feromonas que teñen por función evitar que as obreiras desenvolvan postura, marcando a colonia enteira mediante un comportamento de trofalaxe que resulta de entregárense a comida boca en boca. Produce outras feromonas destinadas a outras finalidades.

Como se produce unha raíña dentro da colmea[editar | editar a fonte]

A raíña é unha larva alimentada por secrecións das abellas obreiras ama de cría durante toda a súa vida. A cela que dará orixe a unha raíña é denominada cela real, ten a forma alongada, de aproximadamente 2 a 2,5 centímetros de longo. As abellas obreiras ama de cría encherán esta cela real cunha sustancia que secretan denominada xelea real, operculandoa (pechándoa) ao 8º día, e ao día 16 da posta do ovo emerxe a raíña virxe.

A raíña é a única femia que está completamente desenvolvida sexualmente. Isto é o resultado dunha dieta total de xelea real durante o período de desenvolvemento. Distínguese pola súa aparencia longa e delgada causada polo desenvolvemento completo dos ovarios no abdome. Ten un aguillón sen púa. Aproximadamente cinco días logo de saír da cela, a raíña virxe fai uns voos de fecundación. Fai varios voos nun período de dous ou tres días, e pode copular con dez ou máis abellóns. Garda o esperma dos abellóns nun órgano especial, a espermateca, e non copula máis logo deste período. Na colonia atópase na área do niño de cría.

Voos de fecundación[editar | editar a fonte]

A raíña, como xa expresamos anteriormente, sae da colmea para realizar varios voos de fecundación; adoitan realizar 4 ou 5 durante varios días, realizando o apareamento co abellón en voo, por tanto dicimos que é polígama ou poliándrica porque se apareará con varios abellóns.

O porqué a abella raíña se aparea con moitos abellóns foi e é debate de moitos traballos, pero sen dúbida aumenta a diversidade xenética da súa colonia, en virtude de que as obreiras son todas fillas da mesma nai, pero non do mesmo pai. Isto explica por qué dentro da colmea podemos identificar camadas de obreiras con diferentes coloracións. O mecanismo polo cal a abella raíña fecunda os ovos con esperma de diferentes abellóns tamén o descoñecemos.


Ao redor de cinco días logo dos voos de fecundación, a raíña comeza a pór ovos. Durante períodos favorecedores unha raíña boa pode pór máis de 1500 ovos ao día. Factores que afectan a postura son: o clima, o néctar e a recolección de pole, o tamaño da raíña, e a condición da colonia. O número de ovos postos varía co ciclo anual segundo a variación de néctar e pole dispoñibles. Cando hai entrada de moito pole e néctar as obreiras estimúlanse, dando máis e mellor nutrición á raíña, o cal a estimula a pór máis ovos...

Feromonas da raíña[editar | editar a fonte]

Varias das glándulas da raíña producen unha sustancia complexa que se chaman feromonas da raíña. Distribúese por toda a colonia por medio das obreiras que coidan á raíña.

As feromonas da raíña son unha combinación de sustancias químicas complexas que serven para controlar o comportamento doutros individuos da mesma especie. A sustancia producida pola raíña e os outros individuos da colonia serve para harmonizar o comportamento da colonia.

Normalmente hai unha raíña en cada colonia, aínda que ás veces hai dúas raíñas, é porque a colonia está substituíndo á raíña vella.

A raíña pode vivir ata catro anos, pero nos trópicos, onde o período anual de postura é máis longo, a raíña non vive tanto. As raíñas vellas non teñen a mesma capacidade de pór ovos que teñen as raíñas máis novas, por iso os apicultores prefiren ter raíñas novas, substituíndoas cada dous anos.

Identificación por cores[editar | editar a fonte]

Cor Ano
rematado en
branco 1 ou 6
amarelo 2 ou 7
vermello 3 ou 8
verde 4 ou 9
azul 5 ou 0


As raíñas píntanse na parte superior do tórax co fin de manter un control do ano en que foron postas na colmea. Deste xeito sabemos con seguridade se se produce un cambio da raíña, pois as novas non estarán pintadas, como tamén a idade da raíña nunha colmea.

O código de cores para marcalas é o seguinte:

Branco para os anos terminados en 1 e 6. Amarelo para os anos rematados en 2 e 7. Vermello para os anos rematados en 3 e 8. Verde para os anos rematados en 4 e 9. Azul para os anos rematados en 5 e 0.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]