Abe Cunningham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abe Cunningham
Nome completoAbraham Cunningham
Data nacemento27 de xullo de 1973 (50 anos)
Nado enLong Beach (California)
Ocupaciónbatería e músico
Instrumento(s)batería
Relacionado conDeftones, Phallucy, Daycare, Far, Team Sleep
Tempo en activo1988 - actualidade
Na rede
IMDB: nm0192224 Musicbrainz: c3fb80b7-26b3-4fa1-9454-7324a5fde2aa Discogs: 436235 Allmusic: mn0000923999 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Abraham Cunningham, nado o 27 de xullo de 1973 en Long Beach (California), é un músico estadounidense coñecido por ser o batería da banda de metal alternativo Deftones.

Biografía[editar | editar a fonte]

Abe Cunningham naceu en Long Beach (California). Cando era novo a súa familia mudouse á capital do estado, en Sacramento. Comezou a tocar a batería ao iniciar a adolescencia na súa banda Phallucy a comezos dos 90. Durante ese tempo tamén tocou con Deftones de xeito non oficial, cando o grupo tiña problemas para atopar un batería permanente. Tamén comezou a aprender a tocar a guitarra ao mesmo tempo que a batería, pero o seu padrastro Neil, co que medrou, tocaba tamén a batería e decantouse máis por ese instrumento. O seu pai, Sid, era tamén músico e foi unha grande influencia antes da súa morte. Entre as súas influencias están Stewart Copeland, Ginger Baker e Mitch Mitchell.

Cunningham é coñecido polos seus ritmos frenéticos en cancións como "Knife Party" e o seu intelixente uso do tempo ("Mein"), mentres que tamén rexeita usar a configuración de dobre bombo habitual en moitos batería de metal. Porén, usa un dobre pedal de bombo como parte do seu equipo.

Cunningham foi durante bastante tempo endorser de Tama Drums e Zildjian Cymbals, e durante a meirande parte da súa carreira tocou coa mesma configuración.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.