Abdera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ruinas da Porta Oeste.

Abdera (en grego antigo Ἄϐδηρα), foi unha cidade grega da antiga Tracia, na foz do río Nestos, no mar Exeo. Na actualidade está en ruínas.

A súa fundación mítica atribúese a Heracles, aínda se ben en orixe foi unha colonia de Clazomenas fundada no 656 a. C.. Esta primeira colonización entra en devalo axiña ata que no 544 a. C. a maioría da poboación de Teos migrou aquí para escapar dos persas.

A cidade comeza a declinar a partir de mediados do século IV a.c. e foi abandonada na época do Imperio Otomán.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abdera