Abbeville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abbeville

Abbeville, cidade francesa do departamento do Somme, en Picardia. 25.439 habitantes en 1999

Historia[editar | editar a fonte]

Aparece por primeira vez na historia no século IX como lugar pertencente á abadía de St. Riquier. Máis tarde foi gobernada polos condes de Ponthieu.
Franceses e ingleses turnáronse no territorio ata 1435 cando polo Tratado de Arras, foi cedida ao Duque de Burgundia.
En 1477 foi anexionado por Luís XI de Francia, durante os séculos XVI e XVII foi gobernado por dúas ponlas ilexítimas da familia real. En 1696 volveu á coroa.
Durante o século XVIII a Manufactura Real de Van Robais deu un gran pulo á economía local.
Na Segunda Guerra Mundial a vila foi destruída parcialmente polos bombardeos alemáns e británicos.

Administración[editar | editar a fonte]

O seu alcalde (2014) é Nicolas Dumont, do Partido Socialista Francés[1].

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Igrexa gótica de Saint-Vulfran, construída en 1488.
Castelo de Bagatelle datado en 1752.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía local baséase na industria téxtil e na refineria de azucre.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Abbeville

Web da cidade, en francés