Abbas I de Exipto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Abbas I (ʽAbbās I Hilmi, ou عباس الأول), nado en 1813 en Yidda e morto en 1854 en Banha, foi wali de Exipto e Sudán entre 1848 e 1854 por mandato do Imperio Otomán. Era fillo de Toussoun Pacha e, por tanto, tamén membro da familia de Mehemet Ali, fundador do Exipto moderno.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na súa mocidade loitou en Siria baixo mando de Ibrahim Pasha, seu tío. Grazas aos británicos, sucedeu a este en novembro de 1848, converténdose en gobernador de Exipto. Opúxose ás reformas modernistas dos seus predecesores, expulsando aos conselleiros europeos, eliminando monopolios comerciais, fechando fábricas e escolas, e reducindo o exército exipcio a 9.000 homes. Foi considerado como un hombe escuro, reaccionario e taciturno, case nunca saía do seu pazo.

Wilhelm Griesinger foi o seu médico durante a súa estancia en Exipto en 1850.

O seu mandato foi de consolidación das reformas ao estilo occidental iniciadas por seu avó (Muhammad Alī), xa fosen discontinuadas ou descuidadas. Aínda que xeralmente desconfiaba dos estranxeiros, permitiu aos británicos construír unha vía férrea entre Alexandría e O Cairo en 1851.

Os ingleses en troques, axudáronlle nas súas leas cos xefes supremos otomanos, aos que non obstante Abbas I axudou enviando tropas para loitar na Guerra de Crimea (1853). Foi asasinado por dous escravos no seu pazo de Banhā.

Foi sucedido polo seu tío, Said Pasha.