Abavides, Trasmiras
Coordenadas: 42°02′N 07°38′W / 42.033°N 7.633°W
| Abavides | |
|---|---|
| Igrexa de San Martiño de Abavides | |
| Concello | Trasmiras |
| Área | 6,36 km² |
| Poboación | (Ano 2007) 217 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 7 |
San Martiño de Abavides é unha parroquia do concello ourensán de Trasmiras na comarca da Limia. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 217 habitantes (94 homes e 123 mulleres), catro máis que no 2006. Atópase a 640 m sobre o nivel do mar. Atópase á altura do quilómetro 192 da estrada N-525.
Índice |
[editar] Historia
Os feitos históricos de relevancia no concello sempre estiveron vinculados á historia da comarca da Limia. Así, a tribo que habitou estas terras era a dos Límicos, que, posteriormente, sufriron a romanización. Nesta época o territorio do que é o actual Trasmiras estaba baixo a influencia do 'Forum Limicorum'.
Na idade Media a parroquia de Abavides pertencía ó señorío do Conde de Lemos, quedando o resto do territorio baixo o señorío do Conde de Monterrei.
[editar] Monumentos
A igrexa parroquial conserva algúns restos do románico, pero a maior parte da construción é de feitura barroca, trala reforma levada a cabo entre 1688 e 1728. As pedras da construción medieval foron aproveitadas no muro do camposanto. No seu interior destaca o retablo maior, feito en 1773 por Gregorio Álvarez de Araujo e restaurado no 2004.
[editar] Clima
Presenta un clima fundamentalmente oceánico, caracterizado polas escasas choivas (uns 700mm anuais), un forte contraste de temperaturas, moi baixas en inverno e altas en verán, e frecuentes xeadas.
[editar] Festas
As festas celébranse a primeira fin de semana de setembro.
[editar] Lugares de interese
San Martiño, O Banco, Alpeidín, Cacabelo, Cruces, A Madorra, O Seixo, A Trapa, O Calvario, A Costa, O Morouzo, A Torre, O Dornallo, A Veiga, As Riscas, A Regada, Os Pozos, A Igrexa, Cruces.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Abavides
| Lugares da parroquia de Abavides no concello de Trasmiras (Ourense) | |
|---|---|
|
Abavides | O Banco | Cacabelo | Cruces | A Madorra | O Seixo | A Trapa |
[editar] Parroquias de Trasmiras
| Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Trasmiras | |
|---|---|
|
Abavides (San Martiño) | Chamosiños (Santa Baia) | Escornabois (Santa María) | Lobaces (Santa María) | Trasmiras (San Xoán) | Vila de Rei (San Salvador) | Vilar de Lebres (San Salvador) | Vilaseca (San Román) | Zos (Santa María) |
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- www.abavides.org páxina con certo contido sobre Abavides