Abancay

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Praza central en Abancay
Praza central en Abancay

Abancay. Cidade do Perú, é a capital da Rexión Apurímac. Situada no centro-sur do país as beiras do Río Mariño. Ten 49.513 habitantes (segundo censo do 2001).

É, ademais, centro comercial de produtos agrícolas. Nas súas inmediacións existen industrias de zucre e destilerías do alcohol.


Índice

[editar] Historia

Abancay xa era un centro poboado antes da chegada dos Incas. Ao comezo da colonia, os españois nomearon este sitio como Amancay, Vila dos Reyes.

En 1997, como consecuencia das torrenciais choivas, producíuse un deslave que sepultou a dous pobos situados entre Abancay e Tamburco, só se rescatáron 42 cadáveres, de case 400 persoas sepultas, ademais houbo 200 feridos.


[editar] Lugares turísticos

Abancay ten unha gran riqueza paisaxística, a mesma que se ve no Santuario Nacional de Ampay que se atopa ao norte da cidade. É berce de personaxes ilustres como don David Samanez Ocampo.


[editar] Educación

Na cidade de Abancay atópase a primeira universidade tecnolóxica do Perú, a Universidad Tecnológica de los Andes [1] a Universidad Nacional "Micaela Bastidas" e a de recente creación, Universidad Nacional "José María Aguedas" con sede na cidade de Andahuaylas e a Universidad Nacional San Antonio Abad.


[editar] Ligazóns externas

Web do concello de Abancay

Ferramentas persoais