Abakán - Абакан
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abakán[1] (Абакан), cidade de Rusia (159.500 habitantes en 2004) capital da provincia autónoma de Khakas en Siberia, na confluencia do río Abakán e o Ienisei.
Ata 1925 denominada Abakansk ou Ust-Abakanskoye e entre 1925 e 1931 Khakassk.
De 1675 datan as primeiras construcións do que sería a cidade, pero o desenvolvemento da cidade débese ao forte construído por Pedro o Grande no ano 1707.
Preto da cidade está o Túmulo de Li Kitai, nos que aparecen estatuas de homes de gran altura cubertos por xeroglíficos.
[editar] Notas
- ↑ A Enciclopedia Galega Universal utiliza a forma Abakán mentres a Diciopedia do século 21 emprega Abakan
[editar] Ligazóns externas
- (en inglés) Abakan city streets views
- (en inglés) [1]Beyaz Arif Akbas, "Khakassia: The Lost Land", Portland State Center for Turkish Studies, 2007.
