Atol Abaiang
| Abaiang | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Quiribati - Kiribati |
| Illa principal | Teiro |
| Linguas | |
| Poboación (1998) | 3.628 hab. |
| Superficie | 16 km² |
| Superficie lagoa | 208 km² |
| Nº de illas | 15 |
| Coordenadas | 2°00′N 173°00′E / 2°N 173°E |
| Maior Altura | 4 m. |
| Localización | |
Abaiang, (tamén coñecido como Apaiang, Apiaia, Illa Charlotte, Illa Matthews ou Six Isles), é un atol coralino do grupo de illas Gilbert, pertencentes á República de Kiribati, no Océano Pacífico centroccidental.
Xeografía [editar]
Abaiang comprende 15 illotes ao redor dunha lagoa, cunha superficie total de 16 km². O atol ten unha lagoa unida ao océano pola canle de Bingham, no interior da cal pódese atracar. A súa poboación, segundo o censo de 1998, é de 3628 habitantes.
As seguintes poboacións atópanse na illa maior de Abaiang: Aonobuaka - Borotiam - Koinawa - Evena - Morikao - Tabontebike - Tabwiroa - Taburao - Takarano - Tanimaiaki - Tebanga - Tuarabu - Ubanteman
Historia [editar]
Investigacións recentes concuerdan en que a illa foi poboada por habitantes de Samoa fai uns 500 ou 600 anos.
En 1788, o capitán europeo Thomas Gilbert descubriu o atol; e nomeouno Charlotte Island, por ser o dono do buque Charlotte.
A institución máis recoñecida de Abaiang é o St. Josephs College, fundado en 1939 o cal é un dos institutos escolares mais recoñecidos de Kiribati. O seu actual director é Sir Paul Chilton, un inmigrante británico; e entre os seus ex-alumnos atópase o actual presidente Anote Tong.