Abaditas
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa historia que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Os Abaditas foron unha dinastía andaluza de orixe árabe, gobernantes do reino taifa de Sevilla (1023-1091). Tamén foron coñecidos como Banu Abbad.
O fundador da dinastía foi Abú al-Qasim Muhammad ibn Abbad, cadí da cidade, que se fixo popular entre os seus conciudadáns ao organizar a resistencia contra os soldados de fortuna bereberes que estaban rapiñando os fragmentos nos que se desfacía o califato de Córdoba.