Abadín, Abadín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Abadín (homónimos).

Coordenadas: 43°21′00″N 07°29′00″W / 43.35°N 7.4833333°W / 43.35; -7.4833333

Abadín
Parroquia de Abadin do concello de Abadin.png
Situación da parroquia no concello
Concello: Abadín
Área: 2,55 km²
Poboación: 302 hab.
Densidade: 118,43 hab./km²
Entidades de poboación: 7

Santa María de Abadín é unha parroquia do concello de Abadín na comarca da Terra Chá. Nas súas sete entidades de poboación vivían 302 veciños no 2006.

Índice

[editar] Xeografía física e humana

Limita coas parroquias de Candia, Cabaneiro, Fanoi, Fraiás e Quende. Ten unha altitude media de 500 msnm.

Dos once lugares recollidos na toponimia oficial, sete son entidades de poboación; a súa densidade media de poboación no 2006 era 118,43 hab/km². As devanditas entidades co seu respectivo número de habitantes no 2006 son Os Carballás (43), Fernandaño (10), Gontán (12), Pedralba (11), Pedreiras (73), Provecende ou Abadín (127), e A Torre (26). Outros lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son: O Convento, O Correo e A Poceira.

Relixiosamente, pertence ao arciprestado de Terrachá da diocese de Mondoñedo-Ferrol. A partida bautismal máis antiga que recolle o arquivo parroquial corresponde ao 1738.

[editar] Patrimonio

As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.

Na aldea da Torre atópase a igrexa parroquial de Santa María de Abadín, situada nun alto que domina unha extensa zona de labradío, coa paisaxe montañosa ao fondo. É de estilo románico da primeira metade do século XII, coa capela maior do século XVI de estilo gótico isabelino, e cunha sancristía adosada detrás de época posterior. A nave ten unha planta rectangular, cos muros de cadeirado de granito e cuberta de lousa a dúas e catro augas. A fachada ten un arco de medio punto con grandes doelas, un pequeno rosetón céntrico con trazarías, e espadana dun só corpo e dous vans. Aparece coroada por dous escudos nos laterais da fachada, nos que se distinguen as estrelas e a media lúa da casa dos Luaces, que estivo vinculada a esta parroquia dende o ano 1574. No interior destaca a capela maior con arco triunfal de medio punto sobre columnas cuxos capiteis teñen os escudos dos Luaces, igual que a clave da bóveda nervada; dúas laudas sepulcrais no pavimento pétreo; retablo maior de estilo renacentista popular e retablos laterais de traza popular e máis moderna.

Ao seu carón sitúase, ademais, un fermoso cruceiro realizado en granito no adro: consiste nunha cruz florenzada coas figuras de Cristo no anverso e a Piedade no reverso; capitel con anxos nos lados e volutas nas esquinas, fuste poligonal coa custodia e os atributos da Paixón; con base tronco-piramidal sobre dous chanzos cadrangulares e sen inscrición.

Na contorna desta igrexa atópase a ermida da Nosa Señora de Fátima, lugar de celebración dunha concorrida feira tradicional.

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares de Abadín

Lugares da parroquia de Abadín no concello de Abadín (provincia de Lugo)

Abadín | Os Carballás | O Convento | O Correo | Fernandaño | Gontán | Pedralba | Pedreiras | A Poceira | Provecende | A Torre

[editar] Parroquias da Abadín

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Abadín

Abadín (Santa María) | Abeledo (Santa María) | Aldixe (San Pedro) | Baroncelle (Santiago) | Cabaneiro (San Bertomeu) | Candia (San Pedro) | Castromaior (San Xoán) | Corvite (San Pedro) | Fanoi (Santa María Madalena) | Fraiás (San Pedro) | Galgao (San Martiño) | As Goás (San Pedro) | A Graña de Vilarente (Santa María Madalena) | Labrada (San Pedro) | Moncelos (Santa María) | Montouto (Santa María) | Quende (Santiago) | Romariz (San Xoán) | Seivane de Vilarente (San Xoán)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas