Aarschot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aarschot ou Aerschot, concello do nordeste da provincia do Brabante Flamengo, Flandres, Bélxica. 65,52 km². 27.762 habitantes (2004), xunto ao río Demer. Comprende as cidades de Aarschot, Gelrode, Langdorp e Rillaar.
Centro agrícola e industrial: téxtil, alimentaria, mobles.
Destaca a Igrexa da Nosa Señora construída entre 1337 e 1574 por Jacques Piccart.
No século XVI convertiuse nun ducado da familia Croy. Na Primeira Guerra Mundial o concello ofreceu unha forte resistencia aos alemáns, polo que foi obxecto de fortes represalias por parte destes.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aarschot