Aappilattoq, Upernavik
Aappilattoq é unha poboación que se atopa preto de Upernavik, na municipalidade de Qaasuitsup, na costa noroeste de Grenlandia. Fundada en 1805,[1] tiña unha poboación de 180 habitantes no 2010.
Air Greenland cobre o transporte da vila como parte dun contrato gobernamental, na súa maioría voos en helicóptero entre o Heliporto de Aappilattoq e o Aeroporto de Upernavik.
Índice |
Xeografía[editar]
Atópase dentro do Arquipélago de Upernavik, un amplo arquipélago formado por pequenas illas ao nordeste da Baía de Baffin. O arquipélago esténdese dende a costa noroeste da península de Sigguup Nunaa polo sur, aproximadamente a 71°50′N 56°00′W / 71.833°N 56.000°W,[2] até a parte sur da Baía de Melville (en kalaallisut Qimusseriarsuaq) polo norte, aproximadamente a 74°50′N 57°30′W / 74.833°N 57.500°W.[3]
Demografía[editar]
A poboación de Aappilattoq incrementouse nos anos 1990, decrecendo máis ou menos logo desde aquelas.
Notas[editar]
- ↑ Qaasuitsup Municipality (en dinamarqués)
- ↑ Nunavik, Saga Map, 1:250.000, Tage Schjøtt, 1992
- ↑ Upernavik Avannarleq, Saga Map, 1:250.000, Tage Schjøtt, 1992
