Aappilattoq, Kujalleq

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Aappilattoq.
Foto do pobo

Aappilattoq (antigamente Augpilagtoq) é unha poboación da municipalidade de Kujalleq, no sur da Grenlandia. Significa "anémona de mar" na lingua grenlandesa. Posuía 138 habitantes en outubro de 2011.[1]

A área de Aappilattoq estivo habitada desde o século XIX, mais o asentamento actual fundouse en 1922.

As principais ocupacións da xente son a caza e a pesca.

Posúe unha escola, Jaajap atuarfia, con 22 alumnos no 2006,[2] como tamén unha igrexa.

Até o 31 de decembro de 2008, pertencía a Nanortalik e a partir do 1 de xaneiro de 2009, forma parte de Kujalleq, cando os antigos municipios de Qaqortoq, Narsaq e Nanortalik deixaron de existir como entidades administrativas.

Alberga un heliporto operado pola Air Greenland, aínda que a principal vía de comunicación é a marítima, sendo practicamente inaccesible por terra.

Índice

[editar] Xeografía

Aappilattoq atópase ao leste de Nanortalik, a uns 50 km ao norte de Cabo Farewell, o cabo máis meridional de Grenlandia, entre fiordes.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Poboación

Aappilattoq-kujalleq-population-dynamics.png

[editar] Notas

  1. Concello de Kujalleq (en dinamarqués)
  2. Skole og Daginstitutioner - Aappilattoq. Concello de Kujalleq. Consultado o 30 de outubro, 2011.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas