Aalesund

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aalesund no verán

Aalesund, cidade do condado de Møre og Romsdal (40.000 hab.) en Noruega. Situada sobre un arquipélago ocupa tres das illas exteriores occidentais (Hessa , Aspøy , Nørvøy ) á entrada do fiorde de Stor. Cara o sur da vila atópanse as ruínas do castelo de Hrolf Ganger (máis coñecido como Rollon), fundador no século IX da dinastía dos duques de Normandía.

A cidade é a capital pesqueira norueguesa e serve de base á frota pesqueira de arenque e bacallau do Ártico. En 1948 concedéuselle o estatuto de cidade. Sunnmørsposten é o xornal local

[editar] Historia

O primeiro asentamento data do século XVI.

O 23 de xaneiro 1904 produciuse un gran lume que destruíu 800 casas, construídas en madeira. O Kaiser Guillerme II de Alemaña, que adoitaba pasar períodos de vacacións na vila, enviou centos de artesáns alemáns e cincuenta arquitectos para a reconstrución da cidade; froito disto foi que a cidade foi reconstruída enteiramente no estilo coñecido como Art Nouveau (chamado Jugendstill en alemán).

[editar] Ligazóns externas

Concello de Aalesund

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas