Aalborg - Ålborg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aalborg
Mapa
Danmark - Aalborg1.jpg
Información
País Flag of Denmark.svg Dinamarca
Rexión Nordjylland
Superficie 1.143,99 km²
Poboación 162.381 hab. (2010)
Udsigt over Aalborg fra Skovbakken.jpg
Sitio oficial

Aalborg ou Ålborg é unha comuna e cidade de Dinamarca, capital da rexión de Nordjylland, na península de Xutlandia. Ten unha poboación de 162.381 habitantes (121.549 na cidade), sendo a cuarta máis poboada de Dinamarca.

Índice

[editar] Historia

Fundada como un asentamento comercial viquingo (século V). A primeira mención do seu nome, Alabu, aparece nunha moeda datada no 1040. No ano 1342 recibe o título de cidade polo rei Valdemar. Na Idade Media foi unha próspera cidade comercial baseada no comercio de arenque, gran e carne. No 1516 recibiu o monopolio de salgar o arenque. Dende 1554 é sede dun bispado luterano. No século XVIII chega a revolución industrial á cidade, no 1865 constrúese a primeira ponte sobre o Limfjord, no 1889 chega o primeiro camiño de ferro á cidade.

[editar] Arquitectura

Un castelo antigo e algunhas casas é todo o que queda do XVII. A catedral data de mediados do XVIII, a Igrexa da Nosa Señora é unha reconstrución de comezos do XX dunha igrexa do XIV parcialmente queimada en 1894. Son tamén salientables o hospital antigo e o museo local.

[editar] Economía

A economía da cidade baséase no estaleiro naval, a escola naval e o porto comercial. Son salientables tamén a industrial téxtil, química e tabacaleira. Arredor da Universidade está medrando nos últimos anos a industria de telecomunicacións.

[editar] Demografía

Praza de Nytorv
Universidade

Evolución da poboación:

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas