AaB Ishockey
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
||
|---|---|---|
| Fundado en | 1967 | |
| Sede | Nordjylland |
|
| Cancha | Gigantium Isarena (5.000 espectadores) |
|
| Cores | Vermello e branco |
|
| Liga | Superisligaen | |
| Campionatos | 1 | |
| Adestrador | Martin Karlsson | |
| Sitio Web | http://www.aabsport.dk/ | |
O AaB Ishockey é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Aalborg (Dinamarca). Actualmente xoga na Superisligaen, a máxima categoría do hóckey sobre xeo dinamarqués, competición que gañou nunha ocasión (1981). Xoga os seus partidos como local no Gigantium Isarena, un pavillón con capacidade para 5.000 espectadores. Trátase da sección de hóckey sobre xeo do Aalborg BK.
Historia [editar]
O Aalborg BK af 1885 fundouse en 1885 e en 1967 creouse a sección de hóckey sobre xeo. En 1997 fusionouse para formar o Aalborg IK. En 2003, foi renomeado como AaB Ishockey. Compite na Superisligaen (por motivos de patrocinio AL-Bank ligaen) dende 1981.