A viaxe do Emperador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


A viaxe do Emperador
Título orixinal La Marche de l'Empereur
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Luc Jacquet
Produtor Ilann Girard
Yves Darondeau
Christophe Lioud
Emmanuel Priou
Guión Luc Jacquet
Michel Fessler
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes pingüíns emperador
Música Emilie Simon
Fotografía Laurent Chalet
Jérôme Maison
Montaxe
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor
Ano 2005
Duración 85 minutos
País Francia Francia
Xénero {{{xénero}}}
Orzamento
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

La Marche de l'empereur, titulada A viaxe do emperador en galego, é un filme documental dirixido por Luc Jacquet.

A película mostra as viaxes anuais dos pingüíns emperador da Antártida. No outono, todos os pingüíns en idade reprodutiva (de máis de cinco anos) deixan o océano, o seu hábitat habitual, para iniciaren unha viaxe ao interior da Antártida cara aos seus lugares de anidamento e reprodución ancestrais. Alí os pingüíns comezan o cortexo que dará lugar a unha nova vida. Para que os pitos sobrevivan os seus pais han de facer varias viaxes desde o lugar de anidamento ata o océano, onde capturan a comida, ao longo de varios meses.

O rodaxe da película, realizado nos arredores da base científica francesa de Dumont d'Urville en Terra Adelia, durou un ano.

Premios [editar]

Premios Oscar

  • Mellor filme documental

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]