A vendedora de mistos
A vendedora de mistos | |
---|---|
Ilustración de Anne Anderson. | |
Título orixinal | Den lille Pige med Svovlstikkerne |
Autor/a | Hans Christian Andersen |
Ilustrador/a | Anne Anderson |
Orixe | Dinamarca |
Lingua | Dinamarqués |
Colección | Andersen (dinamarqués), Do Castro, Kalandraka (galego) |
Tema(s) | Conto de Nadal |
Xénero(s) | Conto de fadas |
Data de pub. | 1845 (dinamarqués), 1986 (galego) |
Tradución | Teresa Barros, María Dolores Hermida |
[ editar datos en Wikidata ] |
A vendedora de mistos ou A meniña dos mistos é un conto de fadas de Nadal do escritor e poeta dinamarqués Hans Christian Andersen, coñecido polos seus contos para nenos. Foi escrito en lingua dinamarquesa co título de Den lille Pige med Svovlstikkerne, e é o número 37 da colección de Andersen.
Enredo[editar | editar a fonte]
A véspera do aninovo era dura e fría, as rúas da vila ficaban cubertas pola neve, e unha rapariga descalza percorríaas sen máis consolo que a idea de acender un dos mistos que levaba nunha caixiña para vender, mais que ninguén lle comprara. Sentada no chan e feita unha bóla, atreveuse a tirar un e prendelo. A calor foi tan agradábel que a este seguíronlle outros mentres imaxinaba lugares fermosos onde querería estar. E deste xeito prenderon uns tras outros até que viu no ceo caer unha estrela; pensou que alguén estaba a morrer, pois así llo dixera súa avoa, que tanto tiña querido: «Cando unha estrela cae, unha alma érguese cara Deus». E mentres os mistos ardían, viu vir á súa avoíña. Xuntas marcharon ao ceo, onde non vai frío, nin fame nin medo. Ao día seguinte atoparon a cativa morta polo frío.
Análise[editar | editar a fonte]
O conto pretende dar unha lección arredor da compaixón: unha realidade nas clases sociais sumidas na miseria, fame e dor, sufrindo os embates da natureza sen que ninguén os acuda. A historia tenta provocar nos nenos e nenas un sentimento de compaixón a través da tráxica historia da personaxe anónima.
Adaptacións ao galego[editar | editar a fonte]
En 1986 apareceu Contos de Andersen traducido por Teresa Barro na colección Narrativa para nenos de Ediciós do Castro. En 1999 apareceu o conto publicado na colección Os Contos do Trasno Comodín, da editorial Kalandraka, con tradución de María Dolores Hermida e ilustracións de Belén Padrón.
No libro de Xerais Contos de Andersen de 1999[1] aparece o relato co nome: A pequena fosforeira.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Den lille Pige med Svovlstikkerne na súa lingua orixinal |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Texto do conto (en varias linguas)
- Ficha e facsímile no Arkiv for Dansk Litteratur.