A novena onda
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| A novena onda |
| Iván Aivazovsky, 1850 |
| óleo sobre lenzo |
| 221 × 332 cm |
| Museo Ruso (San Petersburgo) |
A novena onda (en ruso, Девятый вал) é unha das obras máis famosas do pintor ruso de orixe armenia Iván Aivazovsky, que foi realizada en 1850.
Descrición[editar]
Representa un mar despois da tormenta na noite e uns náufragos (sete) tratando de salvarse agarrados aos restos dun barco afundido. O nome fai alusión á tradición mariñeira que atribuía á novena onda da tempestade o efecto máis destrutivo.[1]
A pintura ten tons cálidos nos que o mar parece non ser tan ameazante e lle dá unha oportunidade á xente para sobrevivir.
Aivazovski caracterízase polas súas pinturas sobre temas mariños e navais, cos ingredientes comúns da luz, a forza das ondas e a espectacularidade do mar con todo o seu realismo pero tamén co espírito romántico propio do século XIX.[2]
Notas[editar]
- ↑ "La simbología de los monstruos en el arte". http://jesus-ademir-morales-rojas.suite101.net/la-simbologia-de-los-monstruos-en-el-arte-a52204. Consultado o 8 de diciembre de 2011.
- ↑ "Cartoteca iluana". http://www.iluana.com/galeria_ficha.asp?idgaleria=82&idfotografia=9423. Consultado o 9 de diciembre de 2011.