A narración de Arthur Gordon Pym

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A narración de Arthur Gordon Pym é unha obra de Edgar Allan Poe que constitúe a súa única obra dentro da narrativa longa. Pertencente ó xénero do terror, practicamente inaugura un novo xénero: a ficción fantástica de terror.

A obra conta as aventuras mariñas de Arthur Gordon Pym. Poden distinguirse dúas partes claramente diferenciadas: na primeira, a obra mantense circunscrita ás obras de aventuras mariñas, piratas incluídos, con elementos propios procedentes da súa obra O escarabello de ouro e os seus diversos elementos de terror que caracterizan ás súas obras; na segunda, a obra intróducese de cheo no campo da fantasía.

Entre os diversos autores que utilizaron esta obra coma fonte de inspiración, pódese citar a H.P. Lovecraft. As bases sentadas por esta obra son un forte seudo-cientifismo (que xa se atopa no romanticismo) e a utilización da épica da viaxe por territorios descoñecidos.

J.R.R. Tolkien pode considerarse, a traverso das obras de H.P. Lovecraft como herdeiro indirecto. Os principais elementos da súa obra, coma o viaxeiro por territorios ignotos e hostís, o mal latente e descoñecido ou a simboloxía, poden atoparse anticipados nesta obra.